Nota informativa Concello de Xove - Coronavirus
O Concello de Xove informa das seguintes medidas tomadas:
-
- Dende o día 18 de marzo, como medida preventiva, estanse realizando traballos de desinfección diario das aceras no entorno de todos os locais que permanecen abertos (Centro de Saúde, farmacia, supermercados, pescadería, panadería, estanco e entidades bancarias).
- O día 12 de marzo, antes incluso de que fose de obrigado cumprimento, o Concello de Xove pechou ó público tódolos servizos municipais que supoñían tránsito de persoas, e polo tanto podían supoñer un foco de contaxio, como eran, Escola Infantil, piscina e ximnasio municipal, pavillón de deportes, campos de fútbol, ximnasia de mantemento, obradoiros de tempo libre, salón de actos, biblioteca, oficina de información xuvenil, escola de música, centro de maiores. Asimesmo, dende ese mesmo día informouse ó personal municipal adscrito a eses servicios que debería permanecer nas súas casas.
- Dende o día 16 de marzo o resto do persoal municipal que quedaba en servizo, como persoal de obras ou oficinas xerais do Concello tamén permanecen nas súas casas estando localizados só para casos de emerxencia. Dende ese momento só permanecen no Concello en horario de oficinas: Alcalde, Secretario Xeral, unha persona para atención telefónica e outra persona para atención a casos de urxencia. Segue a realizar o seu traballo no horario habitual o servizo de vixiancia, así como 2 persoas para limpeza de ruas, máis os operarios que realizan o traballo de desinfección mencionado no primeiro punto durante o tempo necesario. Asimesmo, fan gardas localizadas unha brigada de obras, electricistas e servizo de fontanería.
- Síguese a prestar o Servizo de Axuda no Fogar nos seguintes casos: Dependencia, e Libre Concurrencia nos casos que según informe dos Servizos Sociais Municipais se considerou que debería prestarse pola situación de vulnerabilidade, expresamente, persoas maiores que viven soas ou que necesitan axuda pola súa situación persoal. Neste momento préstase o servizo a uns 70 veciños.
- Polos motivos expostos é necesario aclarar ós veciños, como resposta a varias chamadas recibidas nos últimos días, que mentras dure a situación de emerxencia actual, o Concello non realizará ningunha labor que non se considere urxente e imprescindible.
É necesario que entre todos colaboremos, limitando ó mínimo imprescindible os movementos para evitar o contaxio e expansión do Coronavirus. Este é o único xeito de sair da situación actual no menor prazo de tempo.
Pedimos polo tanto a máxima colaboración e respeto ás indicacións da administración, dos profesionais sanitarios e das forzas de seguridade que están poñendo as súas vidas en risco para axudar ós demáis.
Gracias a todos os veciños pola comprensión. Demetrio Salgueiro .- Alcalde de Xove