SOLICITUDE PARA FACER FOGUEIRAS NO SAN XOÁN

 A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa, na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN,  para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.

Pois ben, o prazo, que como dixemos  xa está aberto, rematará o XOVES, 19 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

 Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira,  NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.