fogueiras de San Xoán para a noite do 23 ao 24 de xuño
BANDO
DON JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde-Presidente do Concello de Xove,
FAI SABER
Vistas as recomendacións emitidas polas autoridades sanitarias en relación ao coronavirus COVID-19, o Concello de Xove decidiu tomar as seguintes medidas con respecto ás autorizacións das tradicionais fogueiras de San Xoán para a noite do 23 ao 24 de xuño:
- PRIMEIRO.- Autorizar a devandita celebración única e exclusivamente no ámbito particular e reunindo un máximo de 20 persoas. A organización e celebración da devandita fogueira debe de cumprir as medidas de seguridade e prevención necesarias referentes á distancia ás vivendas e demais edificacións de risco, zonas de libre vexetación (nas zonas forestais e de influencia durante a época de perigo alto de incendios quedan prohibidas), co fin de evitar posibles lumes. As solicitudes faranse no Rexistro de Entrada do Concello antes do venres 19 de xuño.
- SEGUNDO.- Decretar a suspensión das fogueiras en lugares públicos, ao abeiro do disposto na Resolución da Consellería de Sanidade do 12 de xuño de 2020 (DOG nº 115, do 13 de xuño de 2020).
- TERCEIRO.- En todos os casos o organizador da fogueira será responsable dos danos que poida ocasionar a fogueira e tamén de velar polo cumprimento das condicións de seguridade na que se realice a mesma para evitar a expansión da enfermidade.
O que se fai público para xeral coñecemento e efectos en Xove.