Trampeo antivelutinas no Concello de Xove

 O CONCELLO CONTINÚA A LOITA CONTRA AS RAIÑAS DE VELUTINAS

   O noso Concello continúa co seu plan de loita contra as velutinas.IMG-20240318-WA0067

O Concello de Xove novamente ven de iniciar nesta campaña 2024 o trampeo profesional antivelutinas a través de un contrato coa empresa SERPA (Servicio Privados Anti-Velutina), a cal xa coas actuacións de anos anteriores conseguirá reducir notablemente os niños de velutina.

Este ano a empresa ven de instalar entre o 16 e o 19 de marzo sobre unhas 400 trampas xeolocalizadas e repartidas por todo o termo municipal para capturar reinas de velutinas que son as que fan agora en primaveira os niños.

É o momento de colocar estas trampas porque así capturándoas podemos evitar uns 3 niños que pode facer cada unha delas e uns 25000 ovos que chegan a poñer na sua vida útil.

As accións de trampeo en Xove prolongaranse ata xullo e levaranse a cabo unhas 6 reposicións de líquido atraente nas mesmas durante estes meses dando lugar a un total de 2400 reposicións que fan que as trampas esteñan funcionando permanentemente.

Se o anterior é importante, para continuar con esta loita de erradicación tamén hai que ter en conta á poboación local, a cal pode axudar moito a esta loita colocando as súas propias trampas.

A reducción do número de niños é notable cando se realizan ben os trampeos, podendo ser de un 75% de niños menos si se fai ben esta laboura, polo que se pide colaboración aos veciños.

Preténdese que a xente sepa autoprotexerse ante a aparición de niños no entorno familiar, posto que os niños primarios que salen agora ó principio sempre comezan a colocarse a baixa altura e aconsellase colocar trampas tamén nos xardíns para evitar que as reinas construían eses niños cerca das vivendas.

Con este fin tamén está previsto que personal da empresa SERPA se desprace ao noso Concello esta tempada, seguramente un mércores para facer coincidir con día de mercado en Xove, e instale un posto no cal poida repartir gratuitamente trampas entre os veciños e veciñas que se interesen, á vez que asesoralos en todo o tema relacionado co trampeo para a loita contra a velutina. O xerente da empresa sempre que fai entrega destas botellas-trampas acompañaas dun folleto explicativo, no que inclúe 2 receitas ou mezclas de líquido para a captura das raíñas:

   Mezcla 1: 1 litro de zumo de arándanos + 1 bote de cervexa negra con alcohol.

   Mezcla 2: 1 litro de auga + 1 pocillo de azúcar + 25 gramos de levadura de panadería.

   Ademáis todo isto ten unha dobre vertente medio ambiental:

     -Por un lado, a eliminación de raíñas e de velutinas contribúe á conservación dos nosos ecosistemas.

     - Por outro a utilización de botellas-tampa, para cuxa elaboración se poden usar botellas de plástico, contribúe tamén ao reciclaxe, xa que lle estamos dando unha segunda vida a esas botellas, que poden ser usadas durante moito tempo para este fin, chegando só con renovarlles o líquido.