Calabazotes xigantes no noso Concello
Parece que a terra no noso Concello é propicia a este tipo de cultivos, e a natureza sorprendenos co cultivo de CALABAZOTES XIGANTES, neste caso  por parte do veciño de Vilariño (parroquia de San Isidoro de Monte) Jesús Rodríguez, coñecido como “O Mestre”.
O calabazote mide de perímetro nada máis e nada menos que 2 metros e 50 centímetros, sendo o seu peso moi difícil de calcular dado que o calabazote non se pode coller ás mans, faría falta algún tipo de grua ou colgadura para movelo.Undecided
Tamén o veciño de Vilalpol (Parroquia de Portocelo – Concello de Xove) Carlos Cociña Eijo, cultivou un CALABAZOTE de cáseque 100 kilogramos de peso, que mide de longo, nada máis e nada menos que 1 metro e 4 centímetros, e inda non parou de medrar.