Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO

Dende a Administración Estatal, a través do Imserso, e dendo da súa política de envellecemento activo, promove un programa social de turismo destinados a persoas maiores, cos obxectivos de facilita-la incorporación deste colectivo ás corrientes turísticas e paliar a estacionalidade do sector turístico do país.

 

Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • ·  Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
  • ·   Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
  • ·   Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
  • ·   Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
  • ·   Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
  • Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de minusvalía .....

Modalidades:

Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2012 e xuño de 2013, segundo a modalidade:

$1·                         Estadías en zonas costeiras.

$1·                         Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.

$1·                         Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

Servizos incluídos:

$1·                         Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte.

$1·                         Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.

$1·                         Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel.

$1·                         Programa de animación

$1·                         Póliza colectiva de seguros

Nos viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación.

Prezos por persoa das diferentes quendas:

A previsión de prezos para a tempada 2013/2014 é a seguinte:

 

8 días (7 noites)

10 días (9 noites)

15 días (14 noites)

15 días combinados (14 noites)

Destinos

T. baixa

T.alta

T. baixa

T.alta

T. baixa

T. alta

 

Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana

145,61 €

200,50 €

192,18 €

253,44 €

287,46 €

362,47 €

 

Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana (sen transporte)

121,41 €

165,40 €

154,21 €

203,51 €

230,43 €

 291,36 €

 

Baleares

162,29 €

233,95 €

213,09 €

291,12 €

302,02 €

393,79 €

 

Baleares (sen transporte)

121,41 €

165,40 €

154,21 €

203,51 €

     

Canarias

311,43 €

384,45 €

548,54 €

582,41 €

Canarias (sen transporte)

165,40 €

203,51 €

     
     

Circuitos culturais (6 d/5 n)

237,92 €

Turismo de Natureza (5d/4n)

233,32 €

Estes prezos inclúen o aloxamento en pensión completa e en cuarto dobre a compartir.
No caso de aloxamento en cuarto individual estes prezos teñen un incremento de 13,42 € por noite para os destinos de península e Baleares, 15,48 € por noite para Canarias e 18,58 € por noite para os destinos de viaxes Culturais e Turismo de Natureza, suxeito sempre a dispoñibilidade de cuarto individual.

As quendas de Nadal e Fin de ano teñen un suplemento de 10,32 €

Temporada baixa:As quendas que se inicien dentro dos días do 1 ao 17 de decembro e do 1 ao 31 de xaneiro.

Temporada alta:Quendas que se inicien en datas distintas ás anteriores.

Os destinos a Canarias, Circuitos culturais, Turismos de natureza consideraranse sempre temporada alta.

$1·                         Viaxes Culturais: Consisten na realización de roteiros turístico-culturais durante 6 días (5 pernoctacións) en réxime de pensión completa, con servizos permanentes de guía especializado. Os circuítos desenvolveranse en zonas de marcado interese cultural do interior da península e cornixa cantábrica.

$1·                         Turismo de natureza: Realizaranse en quendas de 5 días (4 pernoctacións) en zonas de espazos naturais que permitan actividades recreativas e contemplativas, así como realizar un turismo activo de esforzo moderado. Cada provincia de orixe contará cun destino en Turismo de Natureza.

Solicitude de praza:


Se a pasada tempada a  persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.

Se  accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.

Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido E permite estar acreditado case de maneira inmediata.

A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa  e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que  comunique o contrario ao IMSERSO

Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.

No mes de setembro todos os solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

  1.  Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
  2.  Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles  a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Documentación:

$1·                         Solicitude telemática(cumprimentación vía web)

$1·                         Solicitude manual(pdf)

Suprímese a esixencia de achegar a fotocopia do DNI xunto coa solicitude, con independencia que o mesmo será exixible no momento da reserva das viaxes e ao comezo dos mesmos.

Elixirase un destino como máximo por cada unha das opcións (A e B) marcando con un 1 a opción desexada en primeiro lugar e con un 2 a segunda.

Non é necesario que a filla ou fillo con discapacidade formule solicitude independente, chegará con cumprimentar o apartado correspondente na dos seus pais.

Só é posible a unión de solicitudes entre solicitantes dunha mesma provincia de orixe, debendo ter en conta nestes casos que os destinos elixidos e a orde de prioridade deben ser exactamente iguais en ambas as solicitudes.

No caso de que o número de solicitantes sexa superior ao número de prazas do Programa o IMSERSO aplicará uns criterios de selección, tendo en conta as seguintes condicións:

$1·                         Idade da/do solicitante (no caso de matrimonio aplicarase a media)

$1·                         Contía da pensión.

$1·                         Ter viaxado en tempadas anteriores.

$1·                         Condición de familia numerosa.

Lugar de presentación:

$1·                         Servizos Sociais Comunitarios (se o Concello ten subscrito o convenio).

$1·                         Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 Madrid)

$1·                         No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.

$1·                         En calquera das formas previstas noartigo 38.4da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.

Máis informaciónno teléfono 901 109 899IMSERSO. De luns a ventes de 9 a 18 horas, ou a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..">Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Prazo de presentación:

Ata o 12 de xullo de 2013. Non obstante, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade a esta data e até o día 1 de decembro de 2013, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, aínda que todas estas solicitudes serán só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producirse dos usuarios acreditados dentro do prazo inicial.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo