XXIª Festa da Terceira idade mañá en Xove

Un ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, organiza unha nova edición da FESTA DA TERCEIRA IDADE, festa dirixida ás persoas maiores de 60 anos xubiladas do noso Concello. A mesma vai desenvolverse mañá venres 25 de outubro.

A Festa dará comezo ás 12:30 horas cunha Misa Solemne no Salón de Actos do Centro Cívico, contándose coa participación dun grupo de corda da Escola Municipal de Música de Xove;  posteriormente, a partires das 14:00 horas, haberá un xantar  no Restaurante Louzao de Area, rematando a xornada festiva  cun baile.

Durante o xantar o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira Ana Abad farán entrega dun agasallo ao home e muller de máis idade participante na festa, que teñen 95 e 90 anos respectivamente. En total van participar un total de 423 comensais, que estarán acompañados por membros da Corporación Local.

Nesta festa tamén colabora Alcoa, quen lle dará un agasallo aos de máis idade dos participantes.