Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia

PolResolución do 22 de xullo de 2014 pola que se regulan e se convocan as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro semestre de 2014, ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM. (DOG nº 146 do 04/08/14). Resolución do 8 de outubro de 2014 sobre a ampliación do prazo establecido no artigo 5.4 (DOG nº 204 do 24/10/2014). Ampliación do prazo para a presentación de solicitudes de axudas ata o 30 de novembro de 2014.

 Obxecto: Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o primeiro semestre de 2014 familias en que convivan fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM. Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Tipo de axuda: Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. A contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o semestre. Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.

Requisitos das persoas beneficiarias

Documentación

Presentación electrónica da solicitude

Os servizos sociais municipais asesorarán e colaborarán coas persoas solicitantes na presentación telemática das solicitudes.

Para o suposto en que a persoa peticionaria da axuda non teña capacidade técnica ou económica ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e a dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por un empregado público do concello correspondente, mediante o uso do sistema de sinatura electrónica de que estea dotado, para o que o peticionario deberá outorgar a preceptiva autorización (anexo III)

•          Copia dixitalizada do documento de identidade en vigor da persoa solicitante, e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia, no caso de non autorizar a consulta a través do anexo II (Autorización dos restantes membros da unidade de convivencia para a verificación de datos de identidade).

•          Autorización aos servizos sociais municipais do concello para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao ticket eléctrico social de Galicia (anexo III).

•          Declaración (anexo I) de que os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2013 non superan o IPREM.

•          Informe de valoración da situación de necesidade emitido polos servizos sociais comunitarios básicos municipais.

•          Copia dixitalizada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a súa situación familiar.

•          Certificado de empadroamento da persoa solicitante durante os seis primeiros meses do ano 2014.

•          Facturas emitidas no exercicio 2014 en concepto de subministración eléctrica correspondentes á vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda, e xustificantes de pagamento.

•          Certificado de convivencia.

•          Copia do título de familia numerosa no caso en que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a súa consulta.

•          No caso de arrendamento, e sempre que o arrendatario se faga cargo dos gastos de electricidade, achegarase o contrato de arrendamento correspondente.

Lugar de presentación: No Instituto Enerxético de Galicia, a través da sede electrónica: Presentación electrónica.: Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria presentarase electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal.

Prazo de presentación: Ata o 30 de novembro de 2014.