NADAL 2014-2015 EN XOVE

 O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días temos:

Xoves, 25 de decembro – DÍA DE NADAL.- A partires das 17:00 horas (5 da tarde), no Pavillón Municipal de Deportes imos ter o ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN “A BAILAR”, con músicas e bailes en especial para nenos/as. Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada. E para rematar esta bonita xornada, tódolos nenos/as poderán disfrutar dun karaoke infantil.

Venres, 26 de decembro.- Este vai a ser un día moi cinéfilo en Xove, xa que ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico imos ter “NA BUSCA DUNHA MIRADA – CURTAS DE XACIO BAÑO”, onde o propio artista xovense vai a presentar 4 das súas curtas: “Relación de acordes”, “Estereocopía”, “Anacos” e a aclamada “Ser e voltar”; recordamos que esta última, rodada en Xove, está preseleccionada para os premios Goya.

Este venres tamén imos ter un TORNEO DE TENIS DE MESA, o cal, como ven sendo costume, vaise desenvolver na OMIX de Xove. Neste torneo poderán participar rapaces/as entre 12 e 30 anos.