Día Internacional da Muller en Xove e XII Chocolatada “Día da muller”

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, continúa co programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Hoxe, domingo, 8 de marzo, a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, desenvolveuse a XII edición da chocolatada, dirixida a todas as mulleres do Concello. Neste acto, que comezou cunha presentación a cargo da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, continuou cun vídeo adicado ás carteiras de Xove, as cales foron obxecto dunha homenaxe neste Día Internacional da Muller Traballadora.

diamuller

As tres carteiras homenaxeadas tamén participaron nun coloquio dirixido por Lucía Sánchez, no cal compartiron as súas vicencias como carteiras con todo o público asistente.

Rematou este día coa tardicional chocolatada, servida, como en anos anteriores, pola pastelería Quico de Burela.