Reserva de plaza de novos alumnos na Escola Infantil 2020

escolainfanitl34Ábrese o prazo para a reserva de praza, de novos alumnos da escola infantil dende o día 26 de maio ao 9 de xuño.

As solicitudes poderán recollelas no Concello a partir do 26 de maio, no Rexistro (Oficinas Xerais) .
Dende ese día a solicitude tamén estará disponible nesta web.
 
DOCUMENTACION NECESARIA ....

 

Documentación acreditativa da situación familiar:

 

  1. Fotocopia cotexada ou dixitalizada do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar
  2. Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda
  3. título de familia numerosa
  4. No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informes do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
  5. Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello no que se sitúe a escola
  6. Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
  7. No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, certificado de empadroamento do concello do que procede
  8. Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar A condición de familia monoparental acreditarase con fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais
  9. Outros documento se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.

Documentación acreditativa da situación laboral ou de cursar estudos oficiais:

  1. Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
  2. Certificación expedida polo INEM acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego
  3. No suposto de profesionais liberais e autónomos, certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
  4. No suposto de cursar estudios oficiais, certificación que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.
  1. Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada, certificación que avale a súa non presentación. De non presentarse este certificado, acompañarase copia cotexada da última nómina.
  2. No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma
  3. Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de quen exerza a garda e custodia do/a menor e as pensións compensatoria que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarase esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto, ou declaración xurada de non percibila.