Exhibición Bailes de Salón
A I EXHIBICIÓN DE BAILES DE SALÓN, que tivo lugar o día 3 de xaneiro no Pavillón do Concello de Xove, contou con unha gran asistencia de espectadores.   Nesta exhibición puidose contemplar os  diferentes bailes populares a cargo de 11 parellas de alumnos do Obradoiro de Bailes de Salón do Concello de Xove, e diferentes coreografías de  baile de competición a cargo  dos profesores do obradoiro Dimas Fernández e Miriam Vivero, xunto con  6 parellas invitadas da Escola de Baile Goldance. 
Dende a Concellería de Servizos Sociais e Xuventude quérese agradecer a colaboración desinteresada de todos os participantes, en especial aos alumnos e aos profesores do obradoiro municipal, que fixeron posible a realización desta primeira exhibición.