Entrega de Axudas ó Estudio do Concello 2012-2013

Hoxe, día 7 de decembro, o Concello de Xove entregou as Axudas Municipais ao Estudio 2012-2013.

O acto foi presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, que entregaron, a un total de 54 familias.

As axudas están  dirixidas a  estudios universitarios, ciclos formativos fóra da comarca, familias con fillos/as con discapacidade, para material escolar e para cursos de doutorado.

Concedéronse axudas por  un total de 29.606,12 €.