Xª Copa de Bolos 2013

REMATOU A TEMPORADA DE BOLOS E XOVE COA CELEBRACIÓN DA Xª  COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE"

O pasado sábado 16 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas   a Xª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Deportes do Concello puxo punto final a temporada 2012-2013 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada. Esta competición tería que haberse desenvolvido na bolera do Centro Social de Lago; pero o mal estado do campo, agravado polos últimos temporais de auga, fixo que a competición se trasladase a nova bolera de Sumoas; o traslado  foi todo un acerto, xa que estivo chovendo durante toda a tarde,  e recordamos que a bolera de Sumoas é cuberta, polo que se desenvolveu a competición sen maiores contratempos.

Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada,  dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional.

En total disputaron a copa 20 xogadores na categoría senior masculina e 12 xogadoras/es  na categoría senior feminina/sub 18, dado que nesta última categoría participan conxuntamente xogadores/as das ligas Sub 18 e Senior Feminina.

O cadro final de vencedores desta Xª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:

Xª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA SENIOR MASCULINA

Excelente torneo o realizado por José Rafael González, quen así se desquita do sinsabor do final da Liga pasada, onde non puido conseguir o campionato, tendo que conformarse co segundo escalón.Rafa estivo moi ben acompañado por Adán Rodríguez Roca, a súa parella tamén neste mesmo torneo o pasado ano, no cal por certo xa foron terceiros.

Xª COPA DE BOLOS - CATEGORÍA LIGA SENIOR  FEMENINA/LIGA SUB 168

Nesta categoría mixta,  Concepción Piñeiro, 4ª na Liga Senior Feminina, realizou un esplendo torneo, moi ben acompañada cunha das grandes promesas do bolo femenino no noso Concello, como é Lara Rodríguez, quen con só 11 anos xa mostra unhas moi boas maneiras.  Na segunda posición, Paula Campo acompañada por unha veterana Leonor Casabella, avoa por certo de Lara, realizaron tamén un excelente torneo. Na terceira posición salientar a Dolores Baño (nai de Lara), acompañada polo xovencísima Raquel Cociña.  O detalle, tal como describimos, estivo en que neste podium houbo en cada peldaño do mesmo unha persoa da mesma familia pero distinta xeneración: Lara (neta), Leonor (avoa) e Dolores (nai).Tódos eles recibiron trofeos de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro e da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.