Inaugurada unha nova edición de Xove 360º

Hoxe, ás 18:00 horas, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura Dolores Meitín e polos fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º, que este ano inclúe o epígrafe “CREACIÓN”. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola sétima edición.

A temática da exposición é de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.

Cada autor aportou 4 fotografías á exposición. En total a exposición está conformada por 44 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 11 fotógrafos. A convocatoria para poder participar foi feita a toda a xente de Xove en xeral, pero tamén realizamos unha campaña de participación dirixida aos estudiantes do IES Illa de Sarón de Xove.

Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro GArcía, Rubén Pico, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Iria García, Javier Villares e Luis Miguel Vivas.

A exposición abriuse ao público o pasado xoves 14 de agosto e vai estar aberta ata o venres 5 de setembro no horario seguinte: de 11:00 a 13:30 horas pola mañá e de 18:00 a 22:00 horas pola tarde, tódolos días. A entrada á exposición realízase pola cafetería do Centro Cívico.

INAUGURACIÓN XOVE 360º - CREACIÓN 1