“XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA” EN XOVE

A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.  Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente OS MONICREQUES DE KUKAS  puxeron en escea “XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA.   Desenvolvida dende as 12:00 ás  12:50 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, contou coa participación de 150 nenos/as de 4º de Educación Infantil ata  4º de Primaria Ceip Pedro Caselles. O espectáculo: Xan Perillán é un home con sorte: tocoulle unha viaxe a Pernambuco...¿Pero onde queda Pernambuco? ... cun pouco de maxia e a axuda dos rapaces, seguro que o aclarará. Xunta todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta, que é unha maleta máxica... Uf, por fin meteu todo... Xa pode marchar...

 Espectáculo multidisciplinar que combina o pallaso e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques e que nos permite achegar aos nenos ó mundo da maxia e ó mesmo tempo combinar ocio e educación no consumo ó traveso da organización dunha viaxe e a preparación da maleta.