Rematou O Obradoiro De Emprego

O día 28 de Xuño rematou o Obradoiro de Emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove IV”, promovido este ano polo CONCELLO DE XOVE e financiado pola Consellería de ECONOMIA EMPREGO E INDUSTRIA da XUNTA DE GALICIA. Tivo unha duración de nove meses, e incidencia nos tres concellos citados:

En Burela a especialidade desenvolvida foi “Actividades Auxiiares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría”. En Cervo foi “Actividades Auxiliares en Conservación e mellora de Montes”.

E no concello de Xove a especialidade foi “Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción”, e realizaronse unha serie de actuacións conducentes o mantemento e mellora de distintas instalacións municipais, mobiliario urbán e pintado de pasos de peóns.

As obras realizadas foron as seguintes:

Indicar que ainda que se trata dun programa formativo, con xente totalmente allea o mundo da pintura, o alto grado de involucración dos alumnos/as traballadores e do monitor nos traballos a realizar deron como resultado unha excelente calidade na execución dos mesmos.

Igualmente cabe destacar que éstes programas formativos están orientados a dar unha salida laboral os distintos/as participantes nas distintas especialidades formativas, e neste sentido sinalar que distintas empresas do entorno se puxeron en contacto coa dirección do Obradoiro de Emprego para contratar a algún dos participantes neste Obradoiro de Emprego unha vez finalice éste, reforzando o carácter de formador de profesionais e de axuda a búsqueda de emprego que teñen estes obradoiros.