+Programa de VERÁN 2018

 Continúan no noso Concello as actividades, cun amplo e denso Programa veraniego. Un dos programas estrela deste verán no noso Concello e o Programa: Móvete no Verán, no que están a participar 112 persoas de tódalas idades, dende peques a maiores. Este programa está dividido en varios apartados:

CAMPAMENTO DE VERÁN

   Un total de 41 rapaces/as de 10 a 16 anos van participar no CAMPAMENTO DE VERÁN que se vai desenvolver os dias 18, 19 no entorno do Centro Social de Morás e o 20 de xullo na Praia de Esteiro. Estas actividades están englobadas dentro do Programa Xuventude do noso Concello, sendo coordinadas pola Empresa IG10.Como remate do campamento, o venres 20 de xullo, ás 11:30 horas, tódolos rapaces/as disfrutarán dunhas clases de surf na propia praia de Esteiro a cargo da Escola Galega de Surf. Xa para finalizar este día e para rematar o propio campamento, tamén na praia, haberá un Obradoiro sobre Comida Saudable a cargo do cociñeiro Lucas Requeijo; os participantes aprenderán a preparar distintos pratos de comida saudable, finalizando coa propia proba dos platos culinarios que previamente aprenderon a realizar. Ás 17:00 horas pechará o campamento co retorno dos participantes para as súas casas.

OCIO ALTERNATIVO

   Dentro do amplo abanico incluído neste programa, nos vindeiros días temos as seguintes actividades:

   -Xoves día 19, paseo Nocturno en Kaiaks, dende o Portiño de Morás. A partir das 22:00h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.

   - Este sábado 21 de xullo e o 4 de agosto, realizaranse paseos turísticos en bicis eléctricas. En horario de mañá a determinar en función do número de inscritos. Grupos de 10 persoas. Inscrición previa na Oficina de Turismo. Máis información: 982592632

   - A próxima semana é o turno do fútbol praia 3x3, na praia de Lago, os días, 23, 24 e 26 de xullo, a partir das 16:30h, a inscrición farase no lugar da actividade media hora antes do inicio da mesma.

Recordarlles que todas estas actividades son gratuitas, organizadas e patrocinadas polo noso Concello, e orientadas a todas as idades a partir xa dos 8 anos, agás os paseos turísticos nas que pode ir algún menor xa que temos bicis con silla.

FESTAS DE LAGO

   Unha das Festas con máis solera da Mariña teñen este fin de semana o seu epicentro. A parroquia de Lago, no Concello de Xove, celebra este fin de semana as súas Festas Patronais en honra á Virxe do Carme e a San Antón. O amplo programa de actividades vai comezar o venres 20 de xullo, cunha GRAN CHURRASCADA a partires das 8 DA TARDE NO CAMPO DA FESTA, á que están citados tódolos xovenses e visitantes da Parroquia nestes dias. Cada ración vai incluir: churrasco de porco, ½ chourizo vermello, ½ chourizo criollo, patacas fritidas e pan. Despois da churrascada, e para facer unha boa digestión movendo o esqueleto, unha gran verbena coa “ORQUESTRA COSTA DORADA” e o “GRUPO TRIBAL”. Prevendo unha grande afluencia de público, a organización ten previsto amplios aparcamento no entorno do campo da festa co fin de facilitar a presenza de tódolos visitantes. Este aparcamento vai estar dispoñible os tres días da Festa.

   Xa o sábado 21 de xullo, DIA ADICADO Á VIRXE DO CARME, pola mañá teremos e sesión vermú a cargo de “ORQUESTRA SUAVECITO”, e xa pola noite, verbena coa “ORQUESTRA SUAVECITO” e o “GRUPO ALMA LATINA”.

   O domingo 21 de xullo, DIA ADICADO Á SAN ANTÓN, teremos pola mañá Misa Solemne ás 13:30 horas e posterior procesión, para rematar cunha sesión vermú a cargo do “TRIO LEMBRANZA”, coa que se porá punto final ás Festas.

A COMISIÓN QUERE, DARLLE AS GRAZAS A TÓDALAS PERSOAS, INSTITUCIÓNS, EMPRESAS, ETC. QUE DESINTERESADAMENTE COLABORARON COAS NOSAS FESTAS, AGRADECEMENTO QUE QUEREMOS SEXA ESPECIAL PARA TÓDOLOS VECIÑOS DE LAGO, AOS CALES INVITAN A PARTICIPAR E DISFRUTAR DAS MOITAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

EXPOSICIÓN DE PINTURA DA ACD XOVE

   Durante todo o mes de xullo a Escola de Pintura da ACD Xove mostra unha Exposición dos traballos realizados durante todo o curso 2017-2018 na Escola. Na Escola da ACD estudian pintura 22 persoas, das cales 10 son nenos/as de 8 a 13 anos, sendo os 12 restantes adultos, entre eles Manuel Fernández que ten 84 anos. A exposición está formada por 42 traballos, realizados con distintas técnicas, e que abranguen temas moi variados: paisaxes, retratos, composicións, …. A Escola está dirixida polo profesor Pablo Bellas, persoa de amplo bagaxe e recoñecido prestixio como educador. As clases de pintura realízanse na antiga vivenda do bedel do Colexio, centro que o Concello habilitou xa hai algúns anos como espazo cultural.A mostra pódese ver na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, en horario de 16:00 A 20:00 H os luns e martes, e de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 hoas de mércores a domingo . A organización da mesma correu a cargo da ACD Xove, contando coa colaboración do Concello de Xove.