Presentación do Calendario 2019

O alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de cultura Dolores Meitín e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do CALENDARIO 2019.O calendario está conformado por fotos de todo o Concello. En cada foto de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos) pertencentes a distintos membros da Asociación.

A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña, a quens, dende o Concello de Xove, se lles quere agradecer a súa colaboración.