Entregados os premios do Concurso de Postais de Nadal 2019

Esta entrega, que se desenvolveu hoxe no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, en horario de recreo, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai aproximadamente mes e medio unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón. Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio.Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.

   Os/as premiados/as no Concurso, foron: