Club de bolos Xove ...

Exitazo do Club de bolos Xove no Campeonato de España de Bolo Celta en Categoría Femenina

   IMPRESIONANTE CAMPEONATO o que realizaron as xogadoras do Club de Bolos Xove nos campos da Camoesa en Nigran. Participaron xogadoras de Galicia, Asturias e Madrid. As expectativas eran altas, xa que a xove Julia Lopez do Club de Bolos Xove tiña que defender o campeonato que gañou o ano pasado; Julia, nos campeonatos celebrados por toda Galicia no verán, demostrou que estaba en forma e que había que contar con ela; pero este ano non foi posible xa que se topou cunha fantástica Blanca Lago do club Estivada en semifinais e non puido vencer a finalmente campeona de España, tendo que conformarse co terceiro posto final, que tampouco está nada mal. Xa en cuartos de final Blanca eliminou tamén á nosa xogadora Carmen por un apretado 4-3.

   Rematado o campeonato individual, os animos no Club de Bolos Xove estaban algo apagados xa que “só” se conseguira un terceiro posto en categoría individual por parte de JULIA LOPEZ., polo cal quedaba ver como saía a xornada do domingo na modalidade de parellas.

   Nesta modalidade as parellas formanse según os postos acadados no clasificatorio do dia anterior, formando parella a nº 1 coa nº 16, a nº 2 coa nº 15 e asi sucesivamente. Con esto consiguese que as parellas sexan moi igualadas.

   E aquí foi donde as xogadoras do club de bolos Xove se “desmelenaron” e consiguieron ocupar os tres escalons do pódium.

   A Campeona de España en modalidade de parellas foi BELEN MEITIN do Club de Bolos Xove formando parella con Sandra Suarez do club Villatresmil de Tineo.

   A Subcampeona de España tamen en parellas foi JULIA LOPEZ do Club de Bolos Xove formando parella con Susana Barrero do Club Tineo de Tineo

   E o tercer posto do pódium acadouno MARI CARMEN ROCA do Club de Bolos Xove formando parella con Noemi Gonzalez do Club L’acabose de Tineo.

Resumindo, un fantástico fin de semana para o Club de Bolos Xove, que ao seu destacado papel nas distintas categorías masculinas, suma excelentes participacións e resultados na categoría feminina.