GRUPO CROONER : POP ROCK ACÚSTICO

=====ACTUACIÓN MUSICAL=====

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal, polo que  coincidindo cos Venres de Tapeo organizados polos bares e restaurantes de Xove, o Concello programou un concerto no Pavillón Municipal de Deportes para mañá venres 20 de decembro a partires das 23:00 horas.

Concretamente vai ser o Grupo CROONER o que vai protagonizar o citado concerto.  Formado por 4 membros, van a interpretar música moi variada, dentro dun estilo Pop Rock en acústico. A entrada a este concerto é totalmente libre. Sen dúbida, unha boa ocasión para disfrutar da boa música.