CAMPEONAS DE ESPAÑA DE BOLOS

Hai uns días celebrabamos o éxito da xovense Antía Castro no Campeonato de España de Gigante de patinaxe alpino, agora temos que seguir celebrando os éxitos do deporte ferminino xovense.

Agora son as deportistas do Club de Bolos Xove as que nos acaban de dar unha gran satisfacción coa súa actuación no Campeonato de España Femenino de Bolos celebrado o pasado fin de semana, concretamente os dias 29 e 30 de agosto, no parque da Cachada en Boiro.

Inda que o Club se desprazou cun pequeno grupo de xogadoras, debido a unha serie inoportuna de lexións dalgunhas tiradoras, os resultados non puideron ser máis satisfactorios.

Debido ao Covid-19 só se pudieron celebrar dúas categorías. Os resultados nas mesmas foron os seguintes:

CATEGORIA INDIVIDUAL
CAMPEONA JULIA LOPEZ CLUB DE BOLOS XOVE
SUBCAMPEONA PAULA LOPEZ CLUB DE BOLOS PORTOMEAN
TERCEIRA LARA RODRIGUEZ CLUB DE BOLOS XOVE
CUARTA BLANCA LAGO CLUB DE BOLOS ESTIVADA
CATEGORIA PARELLAS
CAMPEONAS LARA RODRIGUEZ (CB XOVE)-PATRICIA GONZALEZ (CB PORTOMEAN)
SUBCAMPEONAS PAULA LOPEZ (CB PORTOMEAN) - LAURA REDONDO (CB BOIRO)
TERCEIRAS ROCIO MENENDEZ (CB SERENOS) - BLANCA LAGO (CB ESTIVADA)
CUARTAS JULIA LOPEZ (CB XOVE)-ROSALBA FORMOSO (CB XOVE)

En categoría individual Julia López fíxose co seu segundo Campeonato de España; a tenor do xogo que está a realizar, estamos seguramente diante da dominadora dos bolos nacionais dos vindeiros anos. Julia López, formando parella tamén coa xovense Rosalba Formoso, acadaron tamén un honroso cuarto posto na cateogoría de parellas.

Se o de Julia entra dentro do normal, xa que se trata dunha xogadora completamente contrastrada e cunha trayectoria moi consolidada, a sorpresa veu por parte doutra xogadora xovense, que leva anos participando nas tiradas, inda que dun xeito irregular. Estamos a falar de Lara Rodríguez, membro dunha das grandes dinastías de xogadores dos bolos xovenses; seus avós, seu tío, os seus pais e seu irmán participan regularmente nas tiradas de bolos, ousexa, vive nun ambente e nun entorno deportivo completamente relacionado cos bolos. Nesta tirada de Boiro destacouse como unha gran xogadora, e formando parella co Patricia González do CB Portomean, consigueu o Campeoanto de España por parellas. A este gran trunfo añadímoslle o terceiro posto final no Campeonato de España Individual, entorchado que lle supuxo un fin de semana máxico e que, sen dúbida, vai darlle moitos pulos para seguir neste deporte e seguir crecendo como xogadora. Xunto con Julia López, ambas moi xoves, poden formar unha parella de xogadoras dominantes neste deporte nos vindeiros anos.