ÉXITO DA CABALGATA DE XOVE
CABALGATAUn ano máis o Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organizou a Cabalgata de Reis no noso Concello. Temos que decir que na Cabalgata, ademáis do  personal de distintos departamentos do Concello, traballaron moitas persoas, en especial un nutrido grupo  da Asociación de Mulleres Bolboretas, e tamén moitas persoas a título particular. A todos eles, o Concello quere expresarlles o máis sinceiro agradecemento polo traballo e a colaboración realizada.

A actividade dos Reis  comezou en Xove orredor das 6 da tarde, coa xa visita tradicional á Residencia da Terceira Idade, acompañados na mesma polo Alcalde Demetrio Salgueiro.  Uns 40 minutos permaneceron os Reis na Residencia, departindo con tódolos residentes, un a un.

Despois desta emotiva e preciosa visita, os Reis desprazáronse ao entorno do Campo Municipal de Fútbol de Xove para, nas súas reais carrozas dar comezo á Cabalgata, o que fixeron sobre as 19:15 horas.  Os Reis, acompañados  de paxes e varias carrozas máis onde iban os agasallos, realizaron o seguinte percorrido polas rúas de Xove: Rúa Acceso Grupo Escolar, Avenida Deputación, Rúa Doutor Baamonde Illade, Camiño Real e chegada ao Centro Cívico.

A pesares do frio que acompañou todo o traxecto, e a choiva que humedeceu por igual a participantes e público, foron moitísimas as persoas, especialmente nenos,  que disfrutaron da Cabalgata.

Chegados ao Centro Cívico, onde foron recibidos novamente polo Alcalde, os Reis desprazáronse ata o Salón de Actos do Centro Cívico para facer entrega dos premios do Concurso de Postais  organizado polo Concello, e que nesta edición tivo os seguintes gañadores:

Realizada a entrega de Premios, os Reis estiveron con tódolos nenos/as que acudiron á cabalgata, recollendo cartas de última hora e entregando nalgúns casos xa regalos.

Como conclusión, unha estupenda xornada que comezou pola mañá con xogos na Piscina Municipal  para tódolos nenos/as, continuando esta actividade tamén pola tarde ata as 18:30 horas. Tamén no Pavillón, de 15:30 a 16:30 horas, tódolos nenos/as disfrutaron das moitas actividades programadas con numerosos  inchables, circuito de karts globoflexia, etc.