Xornada informativa sobre a TDT en Xove
A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones do Ministerio de Industria y Turismo y Comercio puxo en marcha, a través da entidade pública RED.Es, un programa de información sobre o Plan Nacional de Transición á TDT. Unha das accións comunicativas que se está levando a cabo dentro do Plan Nacional de Transición á TDT é a colocación dun punto informativo móbil nas distintas localidades onde se desenvolve o Plan, co fin de que os cidadáns poidan coñecer as vantaxes que representa a TDT, resolver dúbidas xurdidas en relación co tema e coñecer o seu funcionamento gracias ás demostracións que se realizan nos devanditos puntos informativos.

No que atinxe ao noso Concello, pasado mañá mércores 3 de marzo, na Praza do Centro Cívico, vaise instalar o vehículo do Ministerio co punto informativo, no cal os veciños/as de todo o Concello, e en horario de 9:00 a 14:00 e 16:30 a 18:30 horas, poderán coñecer todo sobre a TDT, e aclarar tódalas dúbidas que teñan. Dende o Concello, aproveitase para invitar a tódolos xovenses que indan non teñan claro o da TDT, que acudan a este punto informativo no que lles resolverán tódalas dúbidas.