A copa de bolos comezouse a celebrar no 2004 na Bolera do Centro Social de Lago, polo que ímos rotando a sé desta competición final, seguindo a mesma ruta da Liga anual, polo que a edición do ano vindeiro tocaralle a bolera do Centro Social de Morás.
Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional. Para formar as parellas utilizamos as clasificacións finais da Liga de Maiores e da Liga Sub 18 da seguinte maneira: o primeiro clasificado da Liga de Maiores fai parella co último clasificado da Liga Sub 18, o segundo clasificado da Liga de Maiores fai parella co penúltimo da Liga Sub 18, e así ata o final. Con isto preténdese que as parellas sexan o máis igualadas posibles, e ao mesmo tempo dámoslle a oportunidade de que os xogadores da Liga Sub 18 poidan xogar xunto (formando parella) aos da Liga de Maiores, cousa que lles gusta moito e ademáis é unha unha motivación para eles.
O cadro final de vencedores desta VIIª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:
Tódos eles recibiron un trofeo de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro
O Departamento Municipal de Cultura do Concello xa está a traballar na nova temporada (XXIIª Liga, XIª Sub 18 e IIª Liga Feminina) 2010-2011, que vai comezar no Centro Social de Lago a mediados de outubro deste ano.