Xornada informativa para empresarios

“Reducción de Cotizaciones por Disminución y Prevención de la Siniestralidad Laboral” (R.D. 404/2010 de 31 de marzo)

moneyO vindeiro mércores, 21 de abril de 2010 no Salón de Actos do Concello de Xove, ás 18 horas realizarase unha xornada informativa organizada pola Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermedades Profesionais FREMAP e con colaboración do Concello;  para abordar o reciente R.D. 404/2010 de 31 de marzo polo que se adxudican ás REDUCCIÓNS DE COTIZACIÓNS POR DISMINUCIÓN E PREVENCIÓN DA SINIESTRALIDADE LABORAL, que ten unha grande implicación, interese e efecto económico nas empresas, tanto grandes coma pequeñas.

Expertos da Mutua FREMAP analizarán o tema a fondo, a súa tramitación, o seu funcionamento, efectos, etc. así como aclararán tódalas dúbidas que poidan xurdir ós empresarios con respecto a este importante tema.

Tanto a propia Mutua como o Concello de Xove tratan así de dar cabida a tódolos temas e información que teñen un interese para os nosos empresarios, tratando neste caso de acercar unha norma que debe ser explicada con claridade para poder aproveitala do mellor xeito posible.

Poderán acudir a esta xornada tódolos interesados, sexan ou non afiliados á mutua Fremap e pertenzan ou non ó Concello de Xove. Para inscribirse só deberán facelo a través de Lázaro Ruíz Rivero (de 08:00 a 19:00 horas) no teléfono 982-58.59.51 ou ben a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .