Curso de memoria en Xove
Hoxe luns 14 de abril, ás 18:00 horas, na Sala de Audiovisuais do IES Illa de Sarón, comezou un CURSO DE MEMORIA no que participan 15 adultos do noso Concello.  Este Curso terá continuidade os dias 17 e 21 de xuño, con dúas horas cada día, o que nos dá un total de 6 horas.
O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Cultura,  ven de por en marcha, coa colaboración do IES Illa de Sarón de Xove e o CEIP Pedro Caselles Rollán, unha nova edición do  "Programa de Apertura de Centros Educativos Públicos Fóra de Horario Lectivo 2010" (Orde do 17 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos de Galicia para o ano 2010.)
CMEMORIA
Trátase dun programa  da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que abre a posibilidade de utilizar as instalacións educativas como recursos para realización de actividades dentro dun concepto de servizos  complementarios que mellore a oferta educativa.
Este Curso, que está sendo impartido pola profesora Salomé Muiño Gómez, é o primeiro dunha serie que van ser impartido nos vindeiro meses e que van dirixidos a alumnos/as  do Ceip Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón; nesta edición tamén se abriron estes Cursos a adultos, concretamente ás familias dos estudiantes, como é o caso de este curso.