Actividades da Omix a partires de 12 anos...

Agora que está a piques de rematar as clases, e dado que os rapaces/as van dispor de máis tempo libre, dende a OMIX de Xove, organismo que depende da Concellería de Servizos Sociais, acábanse de programar duas actividades específicas para xóvenes do noso Concello.

A primeira das actividades é  un obradoiro para rapaces/as de 12 a 16 anos denominado “SEXUALIDADE PARA ADOLESCENTES”.  Vaise desenvolver os dias 18, 19, 25 e 26 de xuño nunha aula da OMIX, en horario de 17:00 a 19:00 horas. A inscrición para este obradoiro hai que facela na propia OMIX antes do 14 de xuño.

 


IIIº TORNEO DE WII...

 Vaise a realizar o sábado 21 de xuño na Aula de Informátiva da OMIX.

A este  torneo poderanse apuntar rapaces/as a partires de 12 anos, estando aberto o prazo de inscrición ata o 20 de xullo.