Mañáns divertidas 2019-2020

Hoxe, día 26 de decembro, o alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias fixeron entrega duns agasallos ás cinco voluntarias que participaron durante os meses de Xullo e Agosto no programa “MAÑÁNS DIVERTIDAS” da Xunta de Galicia e máis ás  pregoeiras e ó pregoeiro que participaron no proxecto de Xuventude “VEXO XOVE: LITORAL I”.

Con este acto, dende o noso Concello, queremos conmemorar este día e expresar o noso recoñecemento e admiración a tódalas persoas participantes nestes proxectos.