Actividades con “A Balea Verde” 2021

    Hoxe,  día  13  de  xullo,  ás  10:30  horas,  22  rapaces  e  rapazas  de  Xove  de   idades comprendidas entre  os  10  e 16  anos  desprazáronse ata o Portiño   de   Moras,   onde   están   situadas   as   instalacións   de   “A   Balea   Verde”,   acompañados  polas  técnicas  de  xuventude  Silvia  Rodríguez  Barreiro  e   Mónica   López   Sanjurjo   xunto   co   grupo   de   voluntariado   xuvenil   que  participa  no  programa  “Conect@  co  Voluntariado”,  para    gozar  dunha  mañá  ao  aire  libre  facendo  unha  ruta  de  sendeirismo  pola  costa,  unha  saída en kayaks  e para rematar, fomentando entre a mocidade o respecto  e  coidado  do  medio ambiente,  fixemos  limpeza  da  praia. 

Esta  viaxe  está  organizada  pola  Oficina  de  Información  Xuvenil  do  Concello  de  Xove  dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.