Entrega de diplomas de Curso de Atención Sociosanitaria e Conservación de Montes

Hoxe, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas dos cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS e ACTIVIDADES AUXILIARES DE CONSERVACIÓN E MELLORA EN MONTES. Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego.

No curso de Atención Sociosanitaria  participaron 15 alumnas, das que 9 xa están traballando.  O mesmo desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove e na Residencia Geriatros de Viveiro. Dentro das actividades paralelas organizadas, salientar a visita ao Centro de Dependentes de Mondoñedo e a visita de profesionais na propia Aula. En total tiveron unhas 470 horas docentes.

entrega2 diplomas545

En canto ao curso de Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora en Montes, inscribíronse un total de 13 alumnas. Neste sentido, decir que o sector forestal está tendo un certo movemento económico, polo que se converte nun importante sector con posibilidades de inserción laboral. Dentro das actividades didácticas, salientar a visita a aula do traballador forestal do municipio Antonio Miranda, que recentemente creou a súa propia empresa. En total tiveron unhas 290 horas docentes.

Ademáis da entrega de Diplomas, no acto de hoxe fíxose a xestión dos correspondentes CErTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, xa que ambos cursos  son homologables directamente con estes certificados.