Curso de Socorrismo 2019

Se queres traballar como socorrista no verán, este é o teu curso: Código e denominación do curso: AFDP0209 Socorrismo Acuático en Espazos Naturais . Requisito de acceso: eso ou similar (nivel 2) e ser persoas desempregadas

As persoas interesadas en realizar o curso: acudir á oficina pública de emprego a indicalo se coñeces a alguén que pode ter interese en facelo, envíalle esta información.

SELECIÓN DE ALUMNADO

O día 27 de decembro de 2018 na Aula de Formación ás 11:00 horas dará comezo o proceso de selección entre as persoas desempregadas que recibiron a carta da Oficina de Emprego de Burela, alí comprobaremos que reunen todos os requisitos para acceder ao curso.

A continuación na Piscina Municipal realizarase a selección de alumnado que consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros.

Eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 6 minutos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas. As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais formarán parte da lista de espera.

En aplicación do DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (Artigo 50), reservarase un 50% das prazas para mulleres no momento da selección.

As persoas referidas no artigo 28 da Orde do 16 de marzo de 2018 ao abeiro da que se impartirá previsiblemente este curso, terán preferencia no caso dun empate na proba.

No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 6 minutos en realizar a proba, pero menos de 7 minutos e sempre coa prioridade establecida descrita.