Premio do Concurso de Nadal: Míranos-Comercio Local

O persoal da Farmacia Boñar Rey recibeu o premio do concurso de escaparates de Nadal 2019-2020 de 250 euros, entregado polo alcalde José Demetrio Salgueiro.

Ana Mª Boñar coméntanos a súa valoración da Campaña de Nadal: Míranos. Comercio Local:

“ Toda a campaña me gustou moito, o acto de promoción do comercio local encantoume, despois da presentación de Nieves de Curricán comprei conservas para regalar polo Nadal e na miña familia de Madrid causaron moi boa impresión.

O papel de envoltorio conxunto xa me gustou no momento de ir a recollelo, identifica moi ben o comercio local e dá unha imaxe de unión.

O premio fainos moita ilusión a todas as que formamos Farmacia Boñar porque nos implicamos moito todas e tamén porque vimos a implicación do resto dos comercios que participaron.

A verdade é que o colectivo do comercio de Xove somos moi implicados, a min dinmo fóra de aquí: os de Xove estades moi unidos.”