IIª Maratón de Bolos Concello de Xove

Esta pasada fin de semana, concretamente os dias 6 e 7 de xullo, celebrouse no Campo de Bolos de Sumoas a IIª Maratón de Bolos Concello de Xove, na que participaron xogadores de toda a Provincia de Lugo e algúns xogadores asturianos. Por problemas de axenda non pudieron desprazarse xogadores de Ourense e do Val Miñor, coma fixeran o pasado ano. A Maratón comezouse o sábado 6 ás 15:00 horas, xogándose continuamente ata as 4:30 da madrugada; durante a mañá do domingo 7 disputáronse as semifinais e finais das distintas categorías.

A Maratón contou coa colaboración do Concello de Xove. Neste sentido, o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias desprazáronse o domingo ata o campo de Sumoas para presenciar a final e presidir a entrega de trofeos aos gañadores/as.

A clasificación das diferentes categorias foi a siguiente:

CATEGORIA ABSOLUTA:

CATEGORIA FEMENINA:

SEGUNDA DIVISION:

CATEGORIA VETERANOS:

CAMPEON: Arturo Rodriguez Alvarez (Club de Bolos Xove)

SUBCAMPEON: Jose Maria Gonzalez (Club de Bolos Xove)

TERCEIRO: Modesto Albo (No federado)

CAMPEON DE DESQUITE: Luis Rancaño Bouso (Club Cruceiro de Meilan)

CAMPEONA DESQUITE: Belen Meitin Rouco (Club de Bolos Xove)