XXIº Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

O pasado sábado 10 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. 

O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:00 horas coa presencia de  6 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E.X.  Porta Norte de Burela/Ribadeo/Viveiro,  o C. Filigrana de Lugo e o C. Violeta de Baamonde,  con 230 ximnastas en competición. Perto de 500 persoas abarrotaron o Pavillón Municipal.

CHICASxIMNASIArITMICA

O Torneo, como é preceptivo, comezou antes da hora citada co quecemento e paso previo polo tapiz de tódalas participantes. Ás 17:00 horas abreuse a competición.

Dentro dos resultados obtidos pola Escola Municipal de Xove, salientamos:

Rematou o Torneo coa entrega de medallas  trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado  pola Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades.