IIº Open Padel San Bartolo de Xove

CARTEL

 Hoxe venres día 1 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do IIº Open Padel San Bartolo de Xove,  nesta acto estivo presente o Alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias, xunto co coordinador do evento Jacobo Gradaille.

Este evento está organizado polo Departamento de Deportes, contando coa colaboración da SIUX. Inicialmente este torneo estaba previsto celebrarse do 1 ao 29 de agosto que por motivos da celebración de outras actividades lúdico-deportivas decidiuse retrasar o seu comezo ao día 11 de agosto, ampliando deste xeito o prazo de inscrición ata o día 7 de agosto.

As categorías que competirán son Masculina, Feminina e Mixta.

A inscrición e totalmente gratuíta e poderá facerse na Recepción da Piscina Municipal de Xove (982592001) ou ben chamando os seguintes números de teléfono: 658419871/607323941.