Homenaxe do Concello de Xove á Campiona de España Antía Castro

A campiona de España de Gigante de patinaxe alpino, na categoría U15 damas, Antía Castro foi obxecto hoxe dunha homenaxe por parte do Concello. Antía recibeu de mans do alcalde Demetrio Salgueiro a figura institucional do Faro de Roncadoiro como recoñecemento aos seus trunfos deportivos.

Antía proclamouse Campeona de España (medalla de ouro) na citada categoría o pasado sábado 22 de agosto, nunha competición deportiva celebrada en Bejar -Salamanca.

  Pero non foi este o único trunfo de Antía, xa que o domingo 23, tamén en Bejar, quedou 1ª clasificada na 1ª Fase da Copa de España de Slalom de patinaxe alpino. A Antía quédanlle dúas fases que se van a celebrar en Puigcerdá e Villablino nas vindeiras semanas, mantendo serias posibilidades de conseguir tamén algo importante nesta outra modalidade.