#
Introdución:
- Dende a Concellería de Medio Ambiente ofrezo, neste espazo web, información, pautas e consellos que, con pequenos xestos nos axudan a coidar o noso Medio Ambiente.
- A contaminación do Medio Ambiente é un dos feitos máis preocupantes, a Terra é un planeta único no Sistema Solar, cunha diversidade de vida incrible, non nos damos conta que poseímos un regalo irrepetible onde desenrolar a nosa existencia.
- Hoxe, máis ca nunca estamos contaminando, varios estudos demostran que a contaminación do aire, do chan e do mar nos últimos cen anos está sendo moito maior que o contaminado en varios séculos da historia.
- O planeta Terra é o fogar da humanidade, o lóxico é que se tente coidalo, como toda persoa o fai da súa propia casa, conseguindo, entre outras cousas, reducir a explotación dos recursos naturais, a cal xera un gran impacto nos ecosistemas e nas poboacións.
- A responsabilidade é un sentido de conciencia, noutras palabras… “DARSE CONTA”, comprender que debemos cambiar certas actitudes.
- Dende aquí anímovos a que, CON PEQUENOS XESTOS na vosa vida cotiá sexades partícipes e logremos todas e todos conseguir un mundo máis puro.
CECILIA DUARTE FERNÁNDEZ.- CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE