Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2015
18/Decembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
***** máis info na web do imserso ----> solicitud
A través do Programa de Termalismo Saludable, o Estado español proporciona os/ as pensionistas, que por prescripción facultativa precisen dos tratamientos que se prestan en los balnearios e que reúnan determinados requisitos, el acceso a precios reducidos a estos establecimientos.
O Programa está organizado e financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdade, a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, quen anualmente concerta con establecimientos termales a reserva de plazas en balnearios para a estancia e tratamiento das personas usuarias del Programa.
REQUISITOS :
1.Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2.Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3.Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4.Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5.Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Ponderaranse as seguintes variables:
Leer más:TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2015
Entrega de Diplomas (Curso Informatica na OMIX)
05/Decembro/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Curso, que tivo unha duración de 20 horas, rematou hoxe, 4 de decembro, coa entrega de Diplomas a cargo do alcalde José Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Servizos Sociais Ana Abad. O mesmo foi desenvolvido na Aula de Informática da OMIX de Xove. Dirixido a adultos, participaron un total de 13 persoas de idades entre 40 e 70 anos. No mesmo as persoas participantes coñeceron o manexo de Windows, traballaron cos programas Word e Excel e iniciáronse na Internete, aprendendo a navegar e descargar aquivos. Esta actividade foi moi ben acollida polos asistentes xa que os coñecementos adquiridos no Curso sonlles moi útiles para a súa vida diaria: contacto con familiares, busca de información, correo,….
SÁBADOS BAILONGOS EN XOVE
26/Novembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este fin de semana comeza no noso Concello os SÁBADOS BAILONGOS, unha das actividades lúdico-culturais que máis éxito está a ter; estamos a falar dos bailes populares de salón, eventos que son seguidos e contan coa participación de todo tipo de persoas, pero que teñen o seu público máis particular, polo menos no noso Concello, no sector da terceira idade e parellas casadas en xeral.
O lugar de celebración dos SÁBADOS BAILONGOS vai a ser o Salón de Actos do Centro Cívico, local que cremos especialmente axeitado para este tipo de actos dado que se trata dun espazo amplo, cunha boa acústica para este tipo de música e cálido para xente. A entrada aos bailes é de carácter totalmente libre e gratuito, comezando os mesmos, cada sábado, ás 21:30 horas.
Esta actividade, que se vai prolongar nos vindeiros meses, xa conta cun programa pechado ata finais de xaneiro do vindeiro ano e que adxuntamos. A organización e financiamento desta actividade corre totalmente a cargo do noso Concello.
25 de Novembro: Día contra a Violencia de Xénero
24/Novembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Mañá, día 25 de novembro, conmemórase o día contra a violencia de xénero. por tal motivo, o concello de xove a través da concellería de igualdade, organiza diferentes actos reivindicativos:
- Na Escola Infantil: está exposto o mural "día da infancia e da non violencia", no que os pais e nais colaboraron activamente axudando ás súas crianzas a decorar os pitiños e pitiñas deste mural.
- Na OMIX, durante o día de mañá farase entrega aos rapaces e rapazas dun violentómetro marca páxinas e da enquisa "o semáforo da violencia", para detectar posibles condutas machistas ou situacións de violencia de xénero.
- No Concello, estará colgado da fachada un lazo morado reivindicativo contra a violencia de xénero, para sensibilizar aos nosos veciños e veciñas sobre a importancia de erradicar esta lacra social.
nova edición do concurso POSTAIS PARA O NADAL
20/Novembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.- Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.
Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano escolleuse unha postal de Noel Quelle, gañador da pasada edición na categoría de 1º a 4º de ESO, como felicitación de Nadal do Concello a tódolos nosos veciños.
Os traballos (postais) hai que presentalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, sendo a data límite para presentar as postais o venres 19 de decembro, incluído. Cada concursante poderá presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se quere potenciar e a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os traballos participantes serán expostos na Biblioteca Municpal segundo se vaian presentando. Dende o Concello animamos a tódolos nenos/as e rapaces/as a que participen nesta actividade. -----> convocatoria e bases no Portal Transparencia <-----
Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia
14/Novembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Pola Resolución do 22 de xullo de 2014 pola que se regulan e se convocan as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do tícket eléctrico social de Galicia durante o primeiro semestre de 2014, ás familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos non superen o IPREM. (DOG nº 146 do 04/08/14). Resolución do 8 de outubro de 2014 sobre a ampliación do prazo establecido no artigo 5.4 (DOG nº 204 do 24/10/2014). Ampliación do prazo para a presentación de solicitudes de axudas ata o 30 de novembro de 2014.
Obxecto: Convocar axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o primeiro semestre de 2014 familias en que convivan fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM. Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio.
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
Tipo de axuda: Consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. A contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o semestre. Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.
Leer más:Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de...
EXPOSICIÓN “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade”
13/Novembro/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.
Rober Amado, coma gañador de Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprendeu no ano 2012 cunha actividade de sensibilización novidosa e aberta á cidadanía galega a partir de 12 anos de idade, a primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. O concurso, aberto desde o 15 de abril ata o 15 de novembro de 2012, sumou un total de 47 participantes.
LUGAR: Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove .- DATAS: Desde o 14 ao 30 de novembro.- HORARIO: De luns a domingo, das 18:00 ás 21:00 horas
Leer más:EXPOSICIÓN “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade”
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.- Programa Vacacións en Paz 2015
06/Novembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Este ano, coma os dez anos anteriores, o concello de Xove participa no Programa “Vacacións en Paz 2015”, desde o cal se organiza o acollemento temporal de nenos saharauís en fogares galegos.Lembrar que se trata de nenos que viven nun campamento de refuxiados dende o seu nacemento. É por isto que unha das finalidades que se persegue a través destas vacacións é darlles a oportunidade de coñecer un entorno tan común para nós como é o pobo, a aldea, etc. Nenos que posiblemente nunca viron o mar, as árbores, animais, trens, barcos, etc. poderán ampliar o seu coñecemento do mundo e descubrir outras maneiras de vivir.
As estancias dos nenos durarán aproximadamente 2 meses (xullo e agosto) e residirán nos fogares daquelas familias que se inscriban como acolledoras.
Quen desexe participar neste programa solidario, ou recibir máis información sobre o mesmo, deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais do Concello antes do 28 de novembro.
Aberto prazo de inscrición para cursos da Deputación de Lugo
05/Novembro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Dirixido a persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego na oficina corresponde e empadroadas nalgún concello da provincia de Lugo (agás no propio Concello de Lugo)
- Cursos: atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, técnico transporte sanitario, operacións básicas de cociña, operacións básicas de restaurante e bar, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
- Beca: as persoas que participen recibirán durante todo o proceso de formación una prestación económica equivalente ao 75% do IPREM, é dicir, uns 400 € mensuais. Esta axuda mensual é compatible coa percepción da prestación por desemprego o de calquera outra axuda pública da mesma finalidade, sempre e cando non supere o 75% do IPREM
- Inscrición: na correspondente Oficina de Emprego pactoemprego2.deputacionlugo.gal
Festa do Samaín na OMIX' 2014
03/Novembro/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Tivemos duas xornadas: - O día 30 de Outubro dende as 17:00 horas, fixemos o baleirado de cabazas e o día 31 de Outubro dende as 17:00 horas, decoramos as cabazas e fixemos diferentes xogos relacionados co Samaín. Esta actividade estuvo dirixida para rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre 9 e18 anos.
Inauguración de ruta de sendeirismo....
31/Outubro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
XOVE CELEBRA O SAMAIN 2014
30/Outubro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, celebra o Samain. Esta festa tradicional vai desenvolverse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove ((OMIX) con arranxo ao seguinte programa:
- Xoves 30 de outubro: dende as 17:00 horas, traballo de baleirado de cabazas.
- Venres 31 de outubro: dende as 17:00 horas, decoración das cabazas e realización de diferentes xogos relacionados co Samaín.
Estas actividades están dirixidas para rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre 9 e 18 anos, contándose cunha participación cercana aos rapaces.
Aberto o prazo para solicitar árbores autóctonos e frutais 2014
29/Outubro/2014
Delegación de Agricultura
-
Coma de costume tódolos anos, no Departamento de Agricultura do Concello, xa se poden facer as solicitudes para ARBORES FROITEIRAS, FORESTAIS E PLANTAS DE XARDIN.
-------o prazo estará aberto dende o 27 de outubro ata o 22 de decembro de 2014-------
As senior do equipo da E. Municipal de Rítmica de XOVE proclámanse Campionas Galegas
24/Outubro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Éxito da Escola Municipal de Xove de Ximnasia Ritmica.
Este pasado domingo 19 de outubro celebrouse no Pavillón dos Remedios en Ourense o Campionato Galego de Base. Nesta competición o equipo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, formado por Raquel Gómez, Pilar Vázquez, Noela Bouza, Lucía Fernández, Alba Balseiro, Javiera Duarte e Carla Liz, entrenado por Ana Iglesias e Cristina Iglesias, impúxose na categoría senior ao acadar o primeiro posto.
Este mesmo equipo vai a representar ao noso Concello no Campionato de España de Base que se celebrará do 20 ao 23 de novembro en Castellón.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|