Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
XXVIº Trofeo Concello de Xove de Fútbol
01/Setembro/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello patrocinou un ano máis, e por vixésimosexta vez, o Trofeo que leva o seu nome, e que onte disputaron, no Municipal de Xove, a U.D. Xove-Lago co Club Deportivo San Ciprián. Despois dun disputado encontro o partido rematou co resultado de 1 a 1, polo cal o Trofeo tivo que decidirse a penaltis, resolvéndose finalmente a favor do Club Deportivo San Ciprián, que se proclamou campión desta XXVIª edición.
Previamente a este partido, desenvolveuse un partido de infantiles entre a U.D. Xove-Lago, cuxo equipo se presentou oficialmente con este encontro, e un equipo de infantiles do Burela, rematando o encontro tamén cun empate, neste caso a 3.- A entrega de trofeos estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo presidente do Xove-Lago Alberto Santos.
Aberta a preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove
01/Setembro/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende hoxe e ata o 30 de setembro incluído vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2014-2015 da Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.014/15.
Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
Ábrese o prazo para o Encontro de Palilleiras de Xove
21/Agosto/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O vindeiro sábado 4 de outubro vaise celebrar no noso Concello a Vª edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, vai ABRIR O PRAZO DE INSCRICIÓN, tanto para palilleiras como para stands, o próximo LUNS 26 DE AGOSTO, o cal vai estar aberto ata o sábado 20 de setembro.
A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
En marcha o IIº Open de Pádel na Pista do Concello
20/Agosto/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Durante estes días estase a celebrar na Pista Municipal de Padel de Xove o IIº Open Padel San Bartolo, toda a evolución do mesmo poderase seguir a través desta mesma páxina dentro do apartado de Deporte ou tamén a través de facebook , así mesmo para calquera outra dúbida no teléfono 658419871.
A ORGANIZACIÓN POÑERASE EN CONTACTO CON TODAS AS PARELLAS POR TELÉFONO PARA CONCRETAR O PRIMEIRO PARTIDO DA QUENDA
Inaugurada unha nova edición de Xove 360º
18/Agosto/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 18:00 horas, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura Dolores Meitín e polos fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º, que este ano inclúe o epígrafe “CREACIÓN”. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola sétima edición.
A temática da exposición é de tema libre, dahí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
Cada autor aportou 4 fotografías á exposición. En total a exposición está conformada por 44 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.. Na edición deste ano tivemos unha importante participación con 11 fotógrafos. A convocatoria para poder participar foi feita a toda a xente de Xove en xeral, pero tamén realizamos unha campaña de participación dirixida aos estudiantes do IES Illa de Sarón de Xove.
Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro GArcía, Rubén Pico, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Iria García, Javier Villares e Luis Miguel Vivas.
A exposición abriuse ao público o pasado xoves 14 de agosto e vai estar aberta ata o venres 5 de setembro no horario seguinte: de 11:00 a 13:30 horas pola mañá e de 18:00 a 22:00 horas pola tarde, tódolos días. A entrada á exposición realízase pola cafetería do Centro Cívico.
INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “XUVENTUDE ACTIVA”
18/Agosto/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Como remate do proxecto de voluntariado “Xuventude Activa”, participantes e voluntarios organizan unha exposición dos traballos realizados con fotografias das diferentes actividades desenvolvidas durante os meses de xullo e agosto. Dita exposición será inagurada o martes día 19 de agosto ás 13:00 horas na Oficina de Información Xuvenil.
A este acto están invitados todos os nenos e nenas participantes, pais e nais, persoal de voluntariado, técnicos da OMIX, o Alcalde Demetrio Salgueiro e as concelleiras de Xuventude, Cultura e Deportes.
Este Proxecto, organizado a través da Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e igualdade do Concello de Xove, está enmarcado dentro da área de actividades xuvenís no ámbito do voluntariado, subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta e Galicia. Está formado por 5 voluntarios e participaron un total de 25 nenos e nenas.
Presentación das Festas Patronais de San Bartolo 2014
14/Agosto/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xove tivo lugar a presentación do PROGRAMA DAS FESTAS PATRONAIS DO SAN BARTOLO 2014.
Na mesma participaron:Demetrio Salgueiro Rapa, Alcalde de Xove; Dolores Meitín Guerreiro, Concelleira de Cultura; Andrés García Piñeiro, José Carlos Cociña Sánchez e Benigno Canoura Eijo da Comisión de Festas San Bartolo.
Leer más:Presentación das Festas Patronais de San Bartolo 2014
XUVENTUDE ACTIVA. COCIÑARTE
12/Agosto/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 11 de agosto, ás 19:00 horas, tivo última sesión do obradoiro de Cociñarte no Centro Social de Morás, organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de Voluntariado “Xuventude Activa” que aprenderon a facer Ovos recheos, Filetes rusos, Ensalada, Bizcoito, Macedonia de frutas, Brochetas de frutas, Macarróns con tomate e Rosquillas.
O día 19 de agosto faránse uns pinchos para a inauguración da exposición feita cos traballos que se realizaron ao longo do verán. Esta inauguración terá lugar as 13:00 horas.
Ministerio de Educación: Convocatoria de Becas 2014-2015
09/Agosto/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lanzou a campaña para o ano 2014-2015. As bolsas destínanse a todos os estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas e Deportivas, Escuelas Oficiales de Idiomas e Mestrados, Grados, Licenciaturas e Diplomaturas universitarias, entre outros. O prazo para as inscricións é ata o 30 de setembro para niveis non universitarios e 15 de outubro para os universitarios.
Todolos candidatos que cumpran os requisitos establecidos pola convocatoria teñen asegurada unha bolsa de estudos. Vai atopar toda a información de acordo cos estudos que vaian cursar:
Becas para estudos non universitarios As becas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que no curso 2014-2015 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis: • Primeiro e segundo ano de bacharelato • Formación Profesional de grado medio e grado superior • Ensinanzas artísticas profesionais • Ensinanzas deportivas • Estudos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia • Ensinanzas artísticas superiores • Estudos relixiosos superiores • Estudos militares superiores • Cursos de preparación para probas de acceso á formación profesional impartidos en centros públicos e privados concertados • Programas cualificación profesional inicial • Formación Profesional Básica BOE: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-8548 SOLICITUD: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=574
Becas para estudos universitarios As becas xerais para estudos universitarios diríxense a estudantes que no curso 2014- 2015 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis: • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grado e de Mestrado. • Ensinanzas universitarias conducentes a os títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico. • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas. • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Mestrado e créditos complementarios para a obtención do título de Grado ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura. BOE: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2014-8548 SOLICITUD: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=575
<---INFORMACION E TRAMITACIÓN NA OMIX (OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL) 982-571816 ---->
PAINTBALL 2014
08/Agosto/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, día 7 de agosto, ás 16:00 horas, as nenas e nenos de Xove, desprazaronse a Galdo para disfrutar dunha tarde ao aire libre xogando ao paintball. Esta viaxe esta organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do progarama de actividades do verán “Verán Xuventude” . Este ano, participaron un total de 29 nenas e nenos de idades comprendidas entre 12 e 18 anos.
IIº Open Padel San Bartolo de Xove
01/Agosto/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Hoxe venres día 1 de agosto en Xove, tivo lugar a presentación do IIº Open Padel San Bartolo de Xove, nesta acto estivo presente o Alcalde do Concello de Xove, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes Cristina Iglesias, xunto co coordinador do evento Jacobo Gradaille.
Este evento está organizado polo Departamento de Deportes, contando coa colaboración da SIUX. Inicialmente este torneo estaba previsto celebrarse do 1 ao 29 de agosto que por motivos da celebración de outras actividades lúdico-deportivas decidiuse retrasar o seu comezo ao día 11 de agosto, ampliando deste xeito o prazo de inscrición ata o día 7 de agosto.
As categorías que competirán son Masculina, Feminina e Mixta.
A inscrición e totalmente gratuíta e poderá facerse na Recepción da Piscina Municipal de Xove (982592001) ou ben chamando os seguintes números de teléfono: 658419871/607323941.
Escola Municipal de Ximnasia Rítmica: Matrícula Curso 2014/2015
31/Xullo/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dende a Concellería de Cultura e Deporte que estará aberto o prazo de inscripción na Escola Municipal de Música para o curso de 2014/2015 que estará aberto durante todo o mes de agosto de 2014 para o que deberá cumplimentar a solicitude e outra documentación que se poderá recoller no Rexistro de Entrada do Concello en horario de oficina (de 8:30-14:30 horas) .- Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola (31 Agosto), o Concello fará pública a Lista de admitidos.
As actividades do Curso 2014-2015 comezarán o XOVES, 4 DE SETEMBRO de 2014 no Pavillón Municipal de Deportes. Todas as ximnastas admitidas deberán presentarse ás 17:00h.
A documentación a entregar é a seguinte:FOLLA DE INSCRIPCIÓN AUTORIZACIÓN PUBLICACIÓN DE IMAXES -COMPROBANTE DE PAGO -FOTOCOPIA DNI.
Fin de Curso Na Escola Infantil '2014
30/Xullo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Fin de Curso Guarderia 2014
Entrega de diplomas de Informática na OMIX
29/Xullo/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 29, o alcalde, Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Xuventude, Ana Abad, procederon a entrega de diplomas do curso de informática que se levou a cabo no centro xuvenil durante o mes de Xullo.
Este ano participaron neste curso un total de 48 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Para o grupo de maiores, de 10 e 16 anos, un total de 25 rapazas e rapaces, o Técnico de Informática, Daniel López. contou coa axuda dos voluntarios que participan no proxecto de voluntariado “Xuventude Activa”.Neste curso de Informática impartíronse os seguintes temas: Windows Xp/7, Microsoft Word, Excel, Powerpoint, Movie Maker, Internet.
Novo Curso de Atención Sanitaria ...
29/Xullo/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Excursión a Cerceda dun grupo de rapaces de Xove
23/Xullo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
A Concellería de Servizos Soiciais continúa co seu Programa Verán-Xuventude. Nesta ocasión temos unha actividade organizada dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Xove (OMIX), a cal consisteu nunha excursión ao AQUAPARK DE CERCEDA na que participaron 25 rapaces/as do noso Concello de entre 13 e 24 anos.
A actividade desenvolveuse onte, martes 22 de xullo, saindo ás 9:30 h. de Xove, retornando ás 21:30 horas do mesmo día.
|
|
|
|
OJO:No funciona en Firefox
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|