Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Concurso: "Confección dun Anagrama para o Deporte Municipal"
03/Abril/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
O Concello de Xove, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, establece as normas reguladoras da participación, as axudas económicas e dos premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes BASES REGULADORAS....
Leer más:Concurso: "Confección dun Anagrama para o Deporte Municipal"
Venres de Tapeo (ACIAM)
03/Abril/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
02/Abril/2014
Departamento de Obras
-
IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS: 450 € ---- PRAZO DE PRESENTACIÓN: dende o 1 de abril ata o 30 de xuño.
O Concello de Xove desde fai anos puxo en marcha unha liña de axudas destinada dunha banda a paliar no posible o problema do “feísmo urbanístico “ e doutra banda a mellora-las condicións de habitabilidade das vivendas unifamiliares como unha medida máis tendente a evitar en xeneral o “ feísmo “ e en particular o despoboamento dos núcleos rurais do Concello.
Neste intre coa grave crisis económica que estamos a sufrir considerase axeitado facer desde o Concello un esforzo económico e restablecer para este exercicio as axudas para o remate exterior (lucido de fachadas) e acondicionamentos do entorno e dos accesos a vivendas unifamiliares con máis de cinco de anos de antigüidade dende as vías de titularidade publica engadindo como actuación subvencionable a construción e/ou acondicionamento de muros de peche no casco urbano de Xove por razóns de seguridade e salubridade públicas.
Debese salientar que o procedemento establecido por estas bases é o de concorrencia non competitiva que fixa a Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, de maneira que se concederán axudas aos solicitantes que cumpran cos requisitos para ser beneficiarias, na orde de presentacións das mesmas e ata o límite da contía presupostaria habilitada.
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA O REMATE EXTERIOR (LUCIDO DE FACHADAS) E ACONDICIONAMENTOS DO ENTORNO E ACCESOS A VIVENDAS UNIFAMILIARES NO TÉRMINO MUNICIPAL CON MÁIS DE CINCO DE ANOS DE ANTIGÜEDADE DENDE AS VÍAS DE TITULARIDADE PUBLICA E PARA CONSTRUCCION OU ACONDICIONAMENTO DE MUROS OPACOS DE PECHE DE SOLARES NO CASCO URBANO DE XOVE .
Leer más:Apertura prazo de Axudas para o remate exterior de vivendas....
Actividades Deportivas e Culturais da ACD´Xove
28/Marzo/2014
Concellería de Deporte e Turismo
-
Dende a Asociación Cultural e Deportiva de Xove, informan de que aparte das Competicións Deportivas que se realizan tódolos fines de semana dende as Escolas Deportivas da ACD.XOVE, este fin de semana, en concreto el Domingo día 30, vánse combinar dous eventos, un deportivo e outro cultural:
- TROFEO DE KARATE: Este Domingo día 30, a partir de las 17:30h. da tarde, celebraráse no Pavillón Municipal de Xove, o Trofeo de Karate "ACD.XOVE", neste Trofeo participarán nenos-as e xoves de Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Cervo y Xove, e competiran nas Categorias: Benjamin, Alevin, Infantil, Juvenil e Junior, nas especialidades de Kumite y Kata.- O evento es Organizado e Patrocinado pola ACD.XOVE, coa Colaboración do Concello de Xove.
- TEATRO: O Domingo día 30, a partir das 20:30h. da tarde/noite no Salón de Actos do Concello de Xove, os alumnos-as da Escola de Teatro da ACD.XOVE, representarán as Obras: "Ana, la de las Musarañas" y "Xove Today" Con estas duas representacions clausurarán a tempada de Teatro 2013-2014. Queremos animaros a todos a presenciar as actuacións dos xoves actores e actrices de Xove.
Campamentos de Verán 2014 da Xunta de Galicia
27/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2014.
A participación na oferta da Campaña de verán 2014 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Participantes: Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os/as mozos/as galegos/as residentes en Galicia, nacidos/as noano sinalado para cada actividade. Canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2014, cómpre destacar o seguinte: Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento. Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Solicitudes:As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es, polo procedemento xeral BS303A no caso de solicitude individual, ou BS303F no caso de solicitude múltiple.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 10 de abril de 2014. DOG do 26 de marzo de 2014
MAIS INFORMACION na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) : Tlf: 982571816
Xunta de Galicia:Prestación económica por fillos/as menores de 3 anos
25/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Consistente nun Pagamento único de 360 € por cada fillos menores que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación. O Prazo de presentación:40 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da orde. Ata o 25 de abril de 2014 .Dende a Orde do 11 de marzo de 2014 establecense as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014. (DOG nº 2 do 17/03/2014)
Documentación:
-
-
Solicitude e anexos | Presentación electrónica na sede
-
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
-
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
-
Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
-
Nos supostos de adopción ou acollemento, copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare (só no suposto de que a formalización se realizase noutra comunidade autónoma).
-
Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario.(anexo II)
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2013 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.
Leer más:Xunta de Galicia:Prestación económica por fillos/as menores de 3 anos
XIIIª Festa do “Polbo da Pedra” en Xove.
24/Marzo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, ás 12:30 horas, no Salón de Plenos do Concello, desenvolveuse a presentación da XIIIª FESTA DO POLBO DA PEDRA de Xove, a cal vai ter lugar o vindeiro 17 de abril, o día de XOVES SANTO. Na mesma estivo o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo coordinador da mesma Miguel Gómez.
Miguel, como fundador da mesma quere agradecerlle ao Concello o apoio que lle ven prestando a esta cita gastronómica dende os seus comezos, agradecemento que, por suposto, fai extensible a tódolos seus compañeiros organizadores.
CARTA ABERTA: Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promocionalo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.
Xa imos pola XIIIª edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Café-Bar “Pepe”, “Cafetería-Bar “Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, Cafetería-Restaurante “O Medulio”, “O Rincón de Nuria”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”.. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove. Tamén, durante a Festa, imos a disfrutar da música tradicional de Saiñas de Xove, quens coas súas gaitas e tambores van animar a xornada.
Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.
Presentacion do XXIV Curso de Semana Santa
21/Marzo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Entrega de diplomas en Xove 2014
19/Marzo/2014
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Hoxe, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas do curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS EN DOMICILIOS. Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego.
No curso de Atención Sociosanitaria participaron 14 alumnas, das que 8 xa están traballando ou a piques de comezar a súa andaina laboral neste eido.
En canto ao propio Curso, desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas nas empresa Coidados SL., Servicios Sociais San Roque e Asisolin. Como complemento á formación académica, as alumnas tamén tiveron a oportunidade de realizar numerosas actividades paralelas. En total desenvolveron unhas 620 horas, das cales 480 pódense considerar docentes e o resto de prácticas.
Ademáis da entrega de Diplomas, no acto de hoxe fíxose a xestión dos correspondentes CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, xa que o cursos é homologable directamente con estes certificados.
OMIX: Taller de ideas de cara o emprendemento dende a participación
11/Marzo/2014
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Este taller vaise impartir o vindeiro venres 21 de marzo a partires das 20:00 h. na OMIX de Xove. A inscrición vai estar aberta ata o 18 de marzo, tendo que realizarse na propia OMIX ou ben no teléfono 982571816. Trátase dun proxecto da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pon en marcha o programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación.
Taller de Ideas pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
O obradoiro está dirixido a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.
Maxia vs Ciencia en Xove
11/Marzo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe unha actuación dentro do Programa LER CONTA MOITO, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.
Das tres actividades programadas polo noso Concello dentro de Ler Conta Moito, hoxe tivemos a primeira; concretamente A ILL@ D@S NEN@S puxeron en escea o espectáculo “MAXIA Vs CIENCIA”, unha proposta de achegar a ciencia a través da interelación entre a maxia e a ciencia. Esta función tivo dúas partes:
A primeira parte, celebrada de 10:30 a 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, para 100 nenos/as de 2º a 6º de Primaria do Ceip Pedro Caselles: nesta parte tratouse de que @s nen@s gzasen da maxia e a ciencia mesturando o coñececemento coa ilusión. @s nen@s gozaron con experimentos onde unha científica tola retou a un mago a través de experimentos sobre: cores, astronomía, matemáticas, etc. que o mago foi refutando cos seus xogos de maxia.
A segunda parte, desenvolvida dende as 11:30 ás 12:30 horas na Biblioteca Municipal de Xove, e na que participaron 17 nenos/as de 6º de Primaria tamén do Ceip Pedro Caselles, consistiu nun obradoiro no que os participantes desenvolveron un pequeño experimento científico relacionado coas cores.
REMATE DA XXVª TIRADA DE BOLOS DO CONCELLO DE XOVE
10/Marzo/2014
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Por fín. Disfrutamos dunha tarde expléndida de sol e calor, e puidemos rematar esta TEMPORADA DE PRATA, celebrando o final da XXVª TIRADA DE BOLOS CONCELLO DE XOVE.
Se algo temos que destacar desta temporada, foi a participación na mesma, superando cáseque sempre os 35 inscritos en cada tirada. E dentro desta participación, o que máis nos alegra é a media de 10 participantes que tivemos na Liga Sub 18. Para nós, sen dúbida, isto é o máis importante, xa que nesta categoría está o futuro dos bolos, e da mesma sairán os futuros campións. Neste sentido, agradecemos novamente a colaboración dada polo IES Illa de Sarón, e máis concretamente polo Departamento de Educación Física que dirixe Xabi Bouza.
A entrega de trofeos estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro quen, ao final, e despois de agradecer a tódolos xogadores a súa participación no campionato, salientou o apoio que o Concello de Xove ven prestando e presta a esta competición dende hai tantos anos.
Leer más:REMATE DA XXVª TIRADA DE BOLOS DO CONCELLO DE XOVE
Conmemoración do Día Internacional da Muller na Escola Infantil de Xove
07/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello. Estas actividades comezaron hoxe ás 11:00 horas na Escola Infantil coa impartición dunha LECTURA DE CONTOS NON SEXISTAS. Concretamente, aos nenos/as da Escola contouselles o conto “ELMER”.
O conto trata sobre Elmer, un elefante que é diferente ao resto, non é de color gris. Esta diferencia fai que Elmer se sinta mal. Ao final o protagonista aprende que aínda que sexamos diferentes todas e todos somos iguais.
Con este conto trabállanse valores de amizade, autoestima, bondade, e principalmente tolerancia e respecto ao ser diferente.
Pero as actividades de conmemoración do Día Internacional da Muller non acaban aquí. Así, os vindeiros días teremos:
- SÁBADO, 8 DE MARZO.- A película de Patricia Cardoso “LAS MUJERES DE VERDAD TIENEN CURVAS” vai centrar as actividades deste día. Así, ás 17:00 horas, na OMIX, vaise proxectar a citada película. Posteriormente terá lugar un obradoiro sobre o film a cargo de Lucía Meitín, rematando esta actividade cunha pequena merenda para tódolos participantes. Esta actividade vai dirixida aos rapaces e rapazas de Xove.
- DOMINGO, 9 DE MARZO.- Actos finais do Día da Muller Traballadora coa celebración da “VIIª MERENDA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA”. Esta actividade vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 17:30 horas, e na mesma imos ter un recital de poesía e relatos curtos a cargo das mulleres que o desexen.
Queremos chamar a atención sobre o feito que as actividades dos tres días están destinadas a públicos distintos. Os dous primeiros días a nenos/as e rapaces/as, co fin de valoren o papel da muller na nosa sociedade, así como eliminar resabios sexistas. O último día está aberto a mulleres de tódalas idades.
Conmemoración do Día Internacional da Muller
04/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER no noso Concello, programa que pasamos a desgranar:
- VENRES, 7 DE MARZO.- As actividades deste día vanse centrar nos nenos e nenas da Escola Infantil de Xove, aos cales se lles vai impartir unha LECTURA DE CONTOS NON SEXISTAS; a celebrar pola mañá, sobor das 11:00 horas.
- SÁBADO, 8 DE MARZO.- A película de Patricia Cardoso “LAS MUJERES DE VERDA TIENEN CURVAS” vai centrar as actividades deste día. Así, ás 17:00 horas, na OMIX, vaise proxectar a citada película. Posteriormente terá lugar un obradoior sobre o film a cargo de Lucía Meitín, rematando esta actividade cunha pequena merenda para tódolos participantes. Esta actividade vai dirixida aos rapaces e rapazas de Xove.
- DOMINGO, 9 DE MARZO.- Actos finais do Día da Muller Traballadora coa celebración da “VIIª MERENDA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA”. Esta actividade vaise desenvolver no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 17:30 horas, e na mesma imos ter un recital de poesía e relatos curtos a cargo das mulleres que o desexen.
Queremos chamar a atención sobre o feito que as actividades dos tres días están destinadas a públicos distintos. Os dous primeiros días a nenos/as e rapaces/as, co fin de valoren o papel da muller na nosa sociedade, así como eliminar resabios sexistas. O último día está aberto a mulleres de tódalas idades
Antroido na Escola Infantil
04/Marzo/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Obradoiro de Construcción de Gorros e Perrucas de Antroido
28/Febreiro/2014
Departamento de Servizos Sociais
-
Dentro das actividades programadas polo Concello para este Antroido 2014, máis concretamente pola Concellería de Servizos Sociais, temos o obradoiro de gorros e perrucas, que se desenvolveu os pasados días 26 e 27 deste mes nunha aula da OMIX de Xove. O Curso, dirixido a nenos/as a partires de 8 anos, contou cun total de 10 participantes, os cales aprenderon a facer gorros e perrucas con diferentes materiais como plumas, cartón, goma eva, ….
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|