Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Xa en marcha o “Concurso Letras Galegas 2013”
17/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende preescolar de 3 anos a 4º de ESO.
Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO ...
Leer más:Xa en marcha o “Concurso Letras Galegas 2013”
Entrega de diplomas de Curso de Atención Sociosanitaria e Conservación de Montes
16/Abril/2013
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Hoxe, ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas dos cursos de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS e ACTIVIDADES AUXILIARES DE CONSERVACIÓN E MELLORA EN MONTES. Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego.
No curso de Atención Sociosanitaria participaron 15 alumnas, das que 9 xa están traballando. O mesmo desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove e na Residencia Geriatros de Viveiro. Dentro das actividades paralelas organizadas, salientar a visita ao Centro de Dependentes de Mondoñedo e a visita de profesionais na propia Aula. En total tiveron unhas 470 horas docentes.
En canto ao curso de Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora en Montes, inscribíronse un total de 13 alumnas. Neste sentido, decir que o sector forestal está tendo un certo movemento económico, polo que se converte nun importante sector con posibilidades de inserción laboral. Dentro das actividades didácticas, salientar a visita a aula do traballador forestal do municipio Antonio Miranda, que recentemente creou a súa propia empresa. En total tiveron unhas 290 horas docentes.
Ademáis da entrega de Diplomas, no acto de hoxe fíxose a xestión dos correspondentes CErTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, xa que ambos cursos son homologables directamente con estes certificados.
Entregados os diplomas do Curso de Informática da Aciam Xove
12/Abril/2013
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Onte, xoves 11 de abril, ás 15:00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, foron entregados os Diplomas do Curso de Informática da ACIAM Xove. A entrega estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Este curso foi organizado pola ACIAM Xove para os seus asociados, coa colaboración do Concello de Xove, que puxo a disposición da ACIAM a Aula de Informática da OMIX e tamén o técnico que impartiu o curso, concretamente Daniel López. No curso inscribíronse 16 persoas.
Os participantes traballaron con dous programas, o Power Point 2007 e o Acces 2007; estes programas informáticos teñen unha gran aplicación práctica para as empresas, xa que o Powert Point serve para realizar presentacións de produtos e servizos e o Acces para xestionar e crear bases de datos. Dahí que as 15 horas que durou o curso foron básicamente prácticas, servíndolles aos participantes para porse ao día en procedementos informáticos que despois van poder aplicar nas súas empresas e negocios.
Acción de Verán'13
02/Abril/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2013, para favorecer que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actividades que se realizan noutras comunidades autónomas de España.
Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas de participación, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.
As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con rapaces en instalacións doutras comunidades autónomas. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.
CAMPAMENTOS:Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...) Só tes que animarte a participar!
ACTIVIDADES DE 18 A 35 ANOS
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html
Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte
01/Abril/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 6 E 7 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:
SÁBADO, 6 DE ABRIL:
-
- 13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
- 14:00 horas.- Sesión Vermú con “LEMBRANZA”.
- 15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646647619.
- -17:00 horas.- Verbena con: “LEMBRANZA” e “GARIBALDI”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile.
DOMINGO, 7 DE ABRIL
-
- 10:00 horas.- Ruta de Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella”, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
- Despois do Xantar, a partires das 17:00 horas, baile e verbena con “LEMBRANZA”.
A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa. A Comisión quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.
Saiñas organiza o Vº Festival Infantil de Semana Santa
22/Marzo/2013
Concellería de Deporte e Turismo
-
Mañá sábado, 23 de marzo, ás 8 da tarde no salón de actos do Centro Cívico, a asociación cultural Saiñas de Xove organiza o vº festival infantil de semana santa.
No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:
- “ARCO DA VELLA” DE SAN MIGUEL DE REINANTE.
- “A MEDA DO CASTRO” DE SADA.
- “ÑÁÑARAS” E “CACHARELAS” de Saiñas de Xove.
Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove. En total van a participar máis de 100 nenos/as e rapaces/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente. En canto á particpación dos distintos grupos, débese a intercambios realizados ou por realizar cos diferentes grupos da nosa Asociación.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.
Charla medioambiental en Xove dirixida aos rapaces do IES Illa de Sarón
20/Marzo/2013
Delegación de Agricultura
-
DÍA INTERNACIONAL DEL ARBOL – 21 DE MARZO
Coincidindo coas celebracións internacionais do Día Internacional do Árbol, hoxe, ás 12:30 horas, 55 alumnos/as de 1º, 2º e 3º de ESO do IES Illa de Sarón asistiron no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a unha charla-coloquio sobre o “papel dos bosques e a resposta da cidadanía”, a cal foi impartida por D. Antonio de María Angulo, enxeñeiro forestal e membro de PFEC España.
Antes da charla, os rapaces, acompañados polo ponente, tiveron a oportunidade primeiro de visitar a exposición “Economía verde y desarrollo rural, ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, onde Antonio lles comentou de maneira xeral o contido da exposición. De seguido, xa no Salón de Actos, tivo lugar a charla, que durou uns 20 minutos, para posteriormente pasar ás preguntas, fase que durou cáseque 40 minutos, e na cal os rapaces/as do IES lle realizaron multitude de preguntas ao ponente.
A charla foi organizada polo Concello de Xove, aproveitando a presenza de D. Antonio de María, quen, pola tarde e no mesmo lugar, vai ofrecer outra charla-coloquio sobre "CERTIFICACIÓN DE GESTIÓN FORESTAL SOSTENIBLE", esta última dirixida a toda a poboación en xeral, e en especial aos propietarios/as de montes.
O Presidente da Deputación visitou obras en Xove
20/Marzo/2013
Departamento de Obras
-
Hai uns días informabamos de que estaba a traballar en Xove un equipo de riego da Deputación de Lugo, o cal foi lle concedido ao noso Concello. Este equipo realizou, e está a realizar, unha serie de traballos en distintos viais municipais, arranxándoos e rexenerándoos.
Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación e o Concello. A Deputación facilitou o equipo de riego (maquinaria), materiais e personal, e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos.Debido a estes traballos, o Presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez, acompañado polo Alcalde Demetrio Salgueiro, realizaron o pasado luns unha visita “in situ” a estas obras para comprobar o alcance e estado das mesmas.
Asimesmo falaron do arranxo dos viais de titularidade da Deputación, que en xeral atópanse no noso Concello en bastante mal estado. Por parte do Concello quedouse en realizar un estudio do estado dos viais da Deputación no termo municipal de Xove, aportando información do estado do firme do propio vial, densidade de tráfico, etc., co fin de establecer un orde de prioridades para o arranxo dos mesmos. Pola súa parte, o Presidente da Deputación comprometeuse a estudiar o informe que envíe o Concello, e mirar de que forma se pode abordar o antes posible a mellora dos citados viais de titularidade provincial.
Por último, por parte do Alcalde quérese agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta colaboración para mellora das vías de comunicación de Xove.
Benestar en balnearios. Ano 2013
20/Marzo/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
A Consellería de Traballo e Benestar vén de convocar unha nova edición do programa ‘Benestar en balnearios’ co que se pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.
Nesta ocasión convócanse 603 prazas repartidas por toda Galicia. En concreto, nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra), Arnoia en Ourense, Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo), Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra), Baños de Molgas en Ourense, Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra), O Carballiño (Ourense), Carballo, (A Coruña), Cuntis (Pontevedra), Laias en Cenlle (Ourense), Lobios (Ourense), Río Pambre en Palas de Rei (Lugo) e Termas Romanas de Lugo.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o próximo 12 de abril e os interesados xa poden acceder a información e ao modelo de solicitude na web da Consellería http://traballoebenestar.xunta.es.
Esta iniciativa, enmarcada no Plan Galego das persoas maiores 2010-2013, facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de disfrutar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites).
O custe, logo da subvención da Xunta, oscila entre os 370 e 390 euros os dez días e inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocutural.
Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 65 anos ou 60 reunindo a condición de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidades infecto-contaxiosas nin trastornos mentais ou condutuais.
Xª Copa de Bolos 2013
19/Marzo/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
REMATOU A TEMPORADA DE BOLOS E XOVE COA CELEBRACIÓN DA Xª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE"
O pasado sábado 16 DE MARZO tivo lugar na Bolera do Centro Social de Sumoas a Xª COPA DE BOLOS "CONCELLO DE XOVE", competición coa que a Concellería de Deportes do Concello puxo punto final a temporada 2012-2013 de bolos. Despois disto, haberá que esperar ata o mes de outubro deste ano para comezar unha nova temporada. Esta competición tería que haberse desenvolvido na bolera do Centro Social de Lago; pero o mal estado do campo, agravado polos últimos temporais de auga, fixo que a competición se trasladase a nova bolera de Sumoas; o traslado foi todo un acerto, xa que estivo chovendo durante toda a tarde, e recordamos que a bolera de Sumoas é cuberta, polo que se desenvolveu a competición sen maiores contratempos.
Esta Copa ten que ver tamén coa Liga recentemente finalizada, dado que se aproveitan os resultados da Liga para facer as parellas participantes. A Copa, a diferencia da Liga, xógase por parellas, tal como se facía de xeito tradicional.
En total disputaron a copa 20 xogadores na categoría senior masculina e 12 xogadoras/es na categoría senior feminina/sub 18, dado que nesta última categoría participan conxuntamente xogadores/as das ligas Sub 18 e Senior Feminina.
O cadro final de vencedores desta Xª COPA DE BOLOS, quedou da seguinte maneira:
Xª COPA DE BOLOS – CATEGORÍA SENIOR MASCULINA
-
CAMPIONS: parella formada por JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ E ADÁN RODRÍGUEZ ROCA.
-
SUBCAMPIONS: parella formada por SÓCRATES CAMPO SUÁREZ E LUIS RANCAÑO BOUSO.
-
TERCEIROS: parella formada por FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ E AUUSTO ALBO OCAMPO.
Excelente torneo o realizado por José Rafael González, quen así se desquita do sinsabor do final da Liga pasada, onde non puido conseguir o campionato, tendo que conformarse co segundo escalón.Rafa estivo moi ben acompañado por Adán Rodríguez Roca, a súa parella tamén neste mesmo torneo o pasado ano, no cal por certo xa foron terceiros.
Xª COPA DE BOLOS - CATEGORÍA LIGA SENIOR FEMENINA/LIGA SUB 168
-
CAMPIONAS: parella formada por CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ E LARA RODRÍGUEZ BAÑO.
-
SUBCAMPIONAS: parella formada por PAULA CAMPO SUÁREZ E LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ
-
TERCEIROS: parella formada por DOLORES BAÑO FRAGA E RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO
Nesta categoría mixta, Concepción Piñeiro, 4ª na Liga Senior Feminina, realizou un esplendo torneo, moi ben acompañada cunha das grandes promesas do bolo femenino no noso Concello, como é Lara Rodríguez, quen con só 11 anos xa mostra unhas moi boas maneiras. Na segunda posición, Paula Campo acompañada por unha veterana Leonor Casabella, avoa por certo de Lara, realizaron tamén un excelente torneo. Na terceira posición salientar a Dolores Baño (nai de Lara), acompañada polo xovencísima Raquel Cociña. O detalle, tal como describimos, estivo en que neste podium houbo en cada peldaño do mesmo unha persoa da mesma familia pero distinta xeneración: Lara (neta), Leonor (avoa) e Dolores (nai).Tódos eles recibiron trofeos de mans do Alcalde Demetrio Salgueiro e da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.
La exposición “¡Aprovechemos nuestros bosques!” sigue su recorrido por Galicia
19/Marzo/2013
Delegación de Agricultura
-
La exposición itinerante “Economía verde y Desarrollo rural. ¡Aprovechemos nuestros bosques!”, que PEFC España está presentando en varias provincias españolas, podrá visitarse en el municipio de Xove (Lugo) durante diez días del presente mes de marzo.
La muestra consta de varios paneles informativos que abordan cuestiones relacionadas con la Gestión Forestal Sostenible y la certificación forestal como herramienta idónea para cuidar los bosques. Permanecerá ubicada en la Sala de Exposiciones del Centro Cívico desde el jueves 14 al domingo 24 de marzo, y estará abierta al público en general de 18:00 a 21:00 horas. Los centros educativos de la comarca que lo deseen podrán visitarla en horario de mañana, previo aviso.
La exposición forma parte del proyecto “Desarrollo Forestal Sostenible 2013”, que PEFC España está desarrollando en varias Comunidades Autónomas, y cuyo objetivo es crear instrumentos piloto de planificación colectiva para potenciar, impulsar y desarrollar una gestión sostenible del territorio forestal. El proyecto está cofinanciado por el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y el FEADER. (Más información en: http://www.pefc.es/desarrollo_foresal.html)
PEFC España y PEFC Galicia animan a propietarios, gestores, administraciones, empresas, agentes sociales y ciudadanos, a cuidar, conservar y proteger los bosques, para que las futuras generaciones puedan seguir disfrutando de sus funciones sociales, ambientales y económicas, y para que sigan siendo motor de empleo y desarrollo en el medio rural.
Celebración do Día Internacional da Muller Traballadora
13/Marzo/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Xove, sumándose ás celebracións do Día Internacional da Muller Traballadora, organizou o domingo, 10 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a VIª CHOCOLATADA para as mulleres do Concello.Dende a Concellería realizouse unha invitación a tódalas mulleres do Concello a que asistan a este acto, animándoas a participar neste evento que, basicamente, pretende recoñecer as aportacións da muller dentro da nosa sociedade.
Co-Responsais:Documental sobre a igualdade de xénero
12/Marzo/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
O TRABALLO colectivo dun grupo de rapaces e rapazas de cuarto de educación secundaria do instituto Illa de Sarón xovense viu onte a luz coa proxección do documental Co-responsais Xove. Os mozos tentaron durante todo o proceso de elaboración potenciar valores de igualdade, corresponsabilidade e respecto para favorecer condutas non violentas nas relacións persoais e na propia sociedade.
Os autores do traballo son Javiera Duarte Araya, Fernanda Duarte Araya, Iván Da Silva Martínez, José Matías Duarte Araya e Noela Bouza Bermúdez, quenes xuntaron por parellas ós representantes sociais para que analizasen polo miúdo como está a situación.
A coordinadora do traballo foi Fátima Fernández Sánchez, educadora e coordinadora técnica da empresa Senes, quen resalta que o obxectivo do documental, de 30 minutos, é concienciar á sociedade en igualdade de xénero para que se decate de que aínda quedan moitas cousas por acadar. Para elo estudiaron a linguaxe que se emprega, os anuncios e cancións sexistas e virón que o salario que cobra unha muller é inferior ó dun home polo desenrolo das mesmas funcións.
Os mozos visionaron vídeos de programas como Salvados ou Callejeros e decatáronse de que facendo a típica pregunta-resposta, o resultado sairía forzado, pois querían que fose algo natural, un vídeo no que cadaquen falase da súa experiencia de xeito espontáneo e aberto. O obxectivo conseguíuse ó preguntarlle cada un á súa parella.
ENTREVISTAS. Os rapaces xuntaron ó cura Cándido López co encargado da aula de informática da Omix xovense, Daniel López; o Alcalde, Demetrio Salgueiro, conversou co sarxento comandante do posto da Carda Civil, Jorge López; a administrativa Trinidad Santos falou coa mestra retirada Mª Dolores Díaz. O documental toca varios temas dende o traballo ata o deporte, pasando pola situación laboral. Marga di que o máis importante é que auno consideren persoa e Ana aposta poreducar en igualdade desde nenos.
Xunta de Galicia:Axudas destinadas ao alumnado con dificultades económicas
06/Marzo/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Orde do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.
Prazo de solicitude: Poderá realizarse desde o 7 de marzo ata o 1 de setembro de 2013.
Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que acontecese a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.
Requisitos:Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal, desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara el/ela ou o/a seu/súa proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non recollidas que, sendo xustificadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
-
- Que a situación sobrevida ou imprevista acontecese durante o actual curso académico 2012/13.
- Estar matriculado, no curso académico 2012/13, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir, 5.108,60 euros (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
- Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta no DOG (ata o 6 de abril de 2013) |
ENLACE E SOLICITUDE
Axudas a estudantes universitarios para estadías nun país da UE para coñecer a língua dese país durante o verán de 2013
06/Marzo/2013
Departamento de Servizos Sociais
-
Orde do 20 de febreiro de 2013 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.(DOG nº 46 do 6/3/2013) >Requisitos:
- a) Estar matriculados/as no curso 2012/13, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
- b) Ter superado 60 créditos no momento de presentación da solicitude en titulacións de 1º ciclo ou 120 créditos en titulacións de grao e de 1º e 2º ciclo.
- c) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior aos 7,00 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
- d) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponder co idioma oficial do país elixido.
Prazo de solicitude:Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación.- Ata o 6 de abril de 2013
ENLACE CON MÁIS INFO E TRAMITACIÓN
O xoves 28 de marzo (Xoves Santo), XIIª festa do “Polbo da Pedra” en Xove
06/Marzo/2013
Departamento de Cultura e Comunicación
-
NOTA INFORMATIVA: Somos un grupo de hosteleiros de Xove que queremos contribuir a promocionalo noso Pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da Comarca, cremos que temos productos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o “polbo da pedra”, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un producto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de Lugo (especialmente no que atinxe ós nosos portos de Morás e Portocelo) é un polbo distinto do que se acostuma a tomar noutros lugares e feiras de Galicia; o noso é un polbo cunha cor máis escura, os raxos son máis longos e a cabeza máis pequena, e cremos tamén, inda que esta é unha opinión particular, que se trata dun polbo de máis calidade que ese outro que se colle sobre todo nas grandes rias.
Xa imos pola XIIª edición, o que quer decir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 800 kg. de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Decir, neste sentido, que cada ano os distintos hosteleiros elaboramos diferentes e novas recetas cada edición, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Pulpería O Refugio, Cafetería O Roda, Bar Pepe, Cervecería Cociña, Cafetería Centro Cívico e Mesón-Pizzería A Fuga. Contamos tamén, e non podía ser doutra maneira, co importante patrocinio e colaboración do Concello de de Xove.
Por último, aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica.
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|