* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xullo
I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
Solicitude para Balnearios IMSERSO 2013
17/Decembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Xa está aberto o prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2013, e para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2013.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro : Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de maio de 2013. Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2013.
Requisitos das/dos solicitantes:
1.Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2.Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3.Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4.Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5.Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
13/Decembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Tódalas actividades programadas para este Nadal
Domingo, 16 de decembro:As 9:00h.no Salón de Actos do Centro Cívico ZARZUELA "LA VERBENA DELA PALOMA" coa ORQUESTRA CLÁSICA DE XOVE e o CONSERVATORIO DE MÚSICA DE FINGOI-LUGO.
Xoves, 20 de decembro:Pola maná na Escola infantil de Xove FESTA DO NADAL coa visita de PAPÁ NOEL.
Venres, 21 de decembro: Presentación aos medios do libro "OS HÉROES VAN DE PAISANO". Ás 12:30 h. no Salón de Plenos do Concello.
Venres 21 e sábado 22 de decembro: De 17:00 a 20:00 h. na OMIX OBRADOIRO DE PINTADO E COLOCACIÓN DO BELÉN.
Sábado 22 de decembro: Ás 21:00 h. no Parque de Xove: INAUGURACIÓN DO BELÉN MUNICIPAL
Domingo 23 de decembro: Ás 18:00 horas no Salón de Actos do C. Cívico "O SEÑOR DAS DUNAS". Programa FalaRedes da Xunta de Galicia.
Martes 25 de decembro: Ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes "ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN MUSICAL E MAXIA".- Rematamos con CHOCOLATADA.
Venres 28 de decembro:XIMNASIA PARA TODOS: No Salón de Actos do C. Cívico de 10:15 a 11:15 h. XOGOS INFANTÍS: Na Aula Multideportiva de 11:30 a 12:30 h. Para nen@s de 1º Infantil ata 2º Primaria (incluidos). Inscrición á ximnasia e xogos ata o 26 de decembro (incluido) no Concello en horario de oficinas ou ben no tfno 982 59 20 01. TORNEO DE TENIS DE MESA: No Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 16:00 h.Para rapaces/as entre 12 e 30 anos. Inscrición ata o 24 de decembro na OMIX.
Sábado 29 de decembro:Ás 21:30 h. no Pavillón de Deportes C.Cívico "II CONCURSO DE KARAOKE".- Inscrición previa ata o 28 de decembro (incluido) na Oficina do Técnico de Cultura ou o mesmo día 29 de 17:00 a 19:00 h. no Pavillón de Deportes.
Mercores 2 xaneiro: Ás 16:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico. CINE INFANTIL coa película de debuxos "EL GATO CON BOTAS"
Xoves 3 xaneiro: As 21:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico CINE XUVENIL coa película "LA INVENCIÓN DE HUGO"
Venres 4 de xaneiro:Ximnasia para todos. No Salón de Actos do Centro Cívico de 10:15 a 11:15 h. XOGOS INFANTÍS: Na Aula Multideportiva de 11:30 a 12:30 h. Para nen@s de 1º Infantil ata 2º Primaria (incluidos). Inscrición á ximnasia e xogos ata o 26 de decembro (incluido) no Concello en horario de oficinas ou ben no tfno 982592001.
Sábado 5 de xaneiro:De 16:30 a 18:30 e de 20:30 a 23:00 h.: INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES .- Ás 19:00 h. polas Rúas de Xove: CABALGATA DE REÍS .-As súas maxestades á chegada ao Cívico adorarán ao neno Xesús, entregarán os premios do Concurso de Postais de Nadal e sacarán fotos cos nenos...Traede as vosas cartas para os Reis!
Sábado 12 de xaneiro:VISITA A XOVENLUGO. No Salón do Ocio en Lugo. Dirixida aos rapaces/as de 12 a 16 anos. Inscrición ata o 5 de xaneiro na OMIX.
CAMPAÑA DE NADAL DA ACIAM XOVE: A ACIAM sortea entre os seus clientes tres premios: un 1º de 1.000 €. para canxear por unha viaxe na axencia asociada: un 2º de 600 €. repartidos en vales de compra de 50 €. nos establécementos asociados; e un 3º de 400 € en vales de 50 € tamén nos mesmos establecementos. O SORTEO DESENVOLVERÁSE O 29 DE DECEMBRO, NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE XOVE, DURANTE O IIº CONCURSO DE KARAOKE A PARTIRES DAS 21:30 H.
Zarzuela / La Verbena de la Paloma
13/Decembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Entre actores, bailaríns, músicos, equipo técnico, etcétera... achégase ao centenar o número de persoas que estarán sobre e detrás do escenario este domingo 16 en Xove as 7 da tarde con motivo da estrea da verbena da pomba (a orixinal foi en 1894 en Madrid) nunha versión practicamente cento por cento lucense dese clásico da zarzuela, cita coa que se quere entreter aos xa amantes do xénero pero tamén difundilo a novas xeracións. Tras un ano de preparativos e con moita «vontade» dos seus participantes, o espectáculo estréase en Xove, xa que o Centro de Música de Fingoi colaborou directamente a Orquestra de Xove. En xaneiro chegará tamén a Vilalba, o día 12, e a Lugo, o 13. A cita xovense, a partir das sete da tarde no salón de actos do Centro Cívico e de entrada totalmente gratuíta, foi presentada hoxe no concello. O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da edil de Cultura Dolores Meitín, destacou que a «posta de longo» sexa no municipio e remarcou que é unha «oportunidade única» para gozar da obra, «que seguro vai ser un éxito».
=ENTRADA GRATUITA=
XXV aniversario da Piscina Municipal
12/Decembro/2012
Concellería de Deporte e Turismo
Celebramos con todos vosoutros os 25 anos de funcionamento da Piscina Municipal:
AQUAGYM.- Mércores 26 de decembro e 2 de xaneiro.- de 10:30 a 11:30 ou 11:30 a 12:30 (escolle o horario) . Maiores de 12 anos.
INICIACION WATERPOLO E VOLEI ACUATICO.- Xoves 27 de decembro. de 11:30 a 13:00 h. Imprescindible saber nadar.
NOITE INOCENTE.- Venres 28 de decembro, de 23:00 a 01:00 para rapaces maiores de 12 anos.
BAUTISMO DE BUCEO.- Sabado 29 de decembro. Durante todo o día de 11:00 a 13:00 h. nenos/as maiores de 6 anos. e de 17:30 a 20 h para maiores de 12 anos.
BABIES Á AUGA.- Mércores 2 de xaneiro, toda a tarde. Nenos/as de 1-4 anos con acompañante.
INICIACIÓN Ó SNORKEL .- Xoves 3 de Xaneiro.- de 11 a 13 horas. Imprescindible saber nadar.
CAMPIONATO DE NATACION .- Xoves 3 de Xaneiro.- de 17 a 19 horas. Todos os niveis agás branco.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS.-Venres 4 de Xaneiro.- Toda a tarde.
DIA DO NENO CON XOGOS ACUATICOS.- Sábado 5 de xaneiro.-
INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS NA PISCINA MUNICIPAL
Entrega de Axudas ó Estudio do Concello 2012-2013
07/Decembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Hoxe, día 7 de decembro, o Concello de Xove entregou as Axudas Municipais ao Estudio 2012-2013.
O acto foi presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, que entregaron, a un total de 54 familias.
As axudas están dirixidas a estudios universitarios, ciclos formativos fóra da comarca, familias con fillos/as con discapacidade, para material escolar e para cursos de doutorado.
Concedéronse axudas por un total de 29.606,12 €.
Aluguer das antigas vivendas de mestres
04/Decembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Polo presente faise público que no prazo dos 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste Anuncio no BOP de Lugo poderánse presenta-las solicitudes para participar no procedemento de adxudicación en réxime de aluguer con renda social por prazo de un ano, de tres vivendas de titularidade municipal ubicadas na Rúa Agramonte (antigas vivendas de mestres). As bases regulamentadoras do procedemento asi como os impresos e modelos a cumplimentar, atopánse o dispor dos interesados nas dependencias dos Servicios Sociais Municipais.
Lembrase que, entre outros, é requisito necesario para ser admitido que o solicitante asi como a súa unidade familiar ou de convivencia leven empadroados e con residencia efectiva ininterrompida no Concello de Xove desde polo menos o 1 de xaneiro de 2009.
Xove a 22 de novembro de 2012.- O ALCALDE, José Demetrio Salgueiro Rapa.
Plan piloto en Xove sobre compostaxe doméstico
30/Novembro/2012
Delegación de Agricultura
O noso Concello vai participar nun Plan Piloto de SOGAMA sobre compostaxe doméstico. No mesmo van participar 30 familias de Xove, a cada unha das cales se lle vai entregar un composteiro, que é un recipiente que se utiliza para facer compostaxe. No momento en que se lles entregue, a cada familia váiselle dar unha explicación para que poidan usar o composteiro de forma correcta.
Calquer persoa ou familia, a partires de agora mesmo, que queira participar nesta experiencia piloto, o pode facer apuntándose na Oficina de Dolores Meitín, a Concelleira de Agricultura do noso Concello.
Con este plan piloto trátase, en definitiva, de recuperar unha práctica tradicional en Galicia como é a separación dos desperdicios orgánicos, ben para alimento de gando ou ben para fabricación de abono. A diferenza é que agora modernízase o proceso, dotando aos fogares participantes cos medios necesarios.
O Concello de Xove, a través da Delegación de Muller e Igualdade, anima a todos os veciños e veciñas e as institucións (asociacións, empresas, organizacións,…) a unirse ao rexeitamento contra a violencia de xénero, a través da súa adhesión a este manifesto.
Non debemos saltarnos os sinais dos malos tratos. Só denunciando a súa presenza conseguiremos que se abra unha ventá nova de esperanza e de futuro. Todos e todas debemos loitar contra a violencia de xénero.
O Concello de Xove é consciente de que só a través da responsabilidade compartida polo conxunto da cidadanía e dos poderes públicos, conseguirase erradicar a violencia de xénero.
A violencia de xénero non é un problema de ámbito privado, senón que afecta a toda a sociedade en xeral. É unha lacra social, un atentado á dignidade das persoas. A súa manifestación impide o desenvolvemento dunha sociedade de benestar, baseada en valores de igualdade e de respecto. Debemos, por tanto, axuntar esforzos e compromisos se queremos que esta violencia desapareza.
Por todo isto, o Concello de Xove subscribe este Manifesto contra a Violencia de Xénero Asumindo o compromiso social de rexeitar esta violencia, denunciando calquera acto en contra da integridade da Muller, apoiando ás vítimas, e transmitindo ás novas xeracións o respecto á igualdade de homes e mulleres.
Co convencemento de que non existen trabas ideológicas nen políticas nesta loita, animamos a que toda a cidadanía asine este manifesto e adquira o compromiso de rexeitamento contra todas as manifestacións da violencia de xénero.
Xuntos polo Nadal
23/Novembro/2012
Departamento de Servizos Sociais
A Secretaria Xeral de Politica Social convoca este programa na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e na de Panxón en Nigrán (Pontevedra) para que aquelas persoas maiores que se atopen soas no Nadal poidan pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación.
O programa contempla o aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 dias que computan dende o dia 23 de decembro pola mañan ata o dia 1 de xaneiro despois do xantar.
Haberá servizo de transporte gratuito dende as 7 grandes ciudades.
Requisitos:
• Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista.
• Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
• Non estar acollido en ningún centro residencial.
• Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
• Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
Documentación:
• Solicitude.
• Declaracion responsable.
• Informe social.
• No caso de ingresos procedentes do extranxeiro, certificación deses ingresos.
Os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM ( 532,51€) asistirán de forma gratuita ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €. Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de decembro
concurso de Karaoke 2012
21/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Premios : Haberá tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiarase a “Mellor voz” (2 premios) e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atenderá á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorarase o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.
Peques. Poderán participar nesta categoría os menores de 12 anos.
1º Premio á “Mellor voz”: 30 €
2º Premio á “Mellor voz”: 30 €
Premio á “Mellor caracterización”: 30 €
Iunior. Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 12 anos ou máis e que non cumpriran os 18 anos.
1º Premio á “Mellor voz”: 60 €
2º Premio á “mellor voz”: 60 €
Premio á “Mellor caracterización”: 60 €
Veteranos Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 18 anos ou máis.
21/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Un ano máis a Biblioteca Municipal de Xove, dependente da Concellería de Cultura, organiza unha nova edición do CONCURSO DE POSTAIS “NADAL 2012-2013”, dirixido a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello que o desexen.
Para participar deberán presentar postais, que lóxicamente estarán relacionadas con motivos navideños. Os traballos realizaranse en cartulina, folio, etc, axustado ao tamaño dunha cuartilla (a metade dun folio), sendo libre a técnica a empregar: rotulador, cera, collage, debuxo, etc.
Unha vez realizado o traballo, as postais haberá que entregalas na Biblioteca Pública Municipal de Xove, remantando o prazo de entrega o 21 de decembro, incluido. No momento da entrega, os/as participantes deberán cubrir unha “ficha de inscrición” no concurso.
No Concurso haberá cinco categorías:
Categoría Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos)
Categoría 1º e 2º de Primaria
Categoría 3º e 4º de Primaria
Categoría 5º e 6º de primaria
Categoría 1º a 4º de ESO.
En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.
O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, realizándose a entrega de premios despois de finalizada a Cabalgata de Reis.
Aberta a Exposición “Galicia Biodiversidade” en Xove
05/Novembro/2012
Departamento de Cultura e Comunicación
Hoxe, pola mañá, abriu na Sala de Exposicións do Centro Cívico a Exposición GALICIA BIODIVERSIDADE, na cal, a través de máis dunha vintena de paneis, abórdanse unha serie de temas sobre a biodiversidade de Galicia: hábitats de Galicia, paisaxes e formas, flora, aves, uso tradicionais da biodiversidade, etc.
Esta exposición, organizada pola Xunta de Galicia, conta en Xove coa coordinación do noso Concello, e a colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón.
A exposición vai estar en Xove os dias 5, 6 e 7 de novembro. Pola mesma van pasar a maioría dos alumnos do Pedro Caselles e o IES Illa de Sarón. Concretamente o calendario de visitas destes centros educativos é o seguinte:
Luns, 5 de novembro:
11:15 horas.- 26 alumnos de 4º de Primaria.
12:30 horas.- 19 alumnos de 3º de Primaria.
13:40 horas.- 31 alumnos de 3º e 4º de ESO.
16:30 horas.- 36 alumnos de 1º e 2º de ESO.
Martes, 6 de novembro:
11:15 horas.- 17 alumnos de de 5º de Primaria.
Mércores, 7 de novembro:
11:15 horas.- 28 alumnos de 6º de Primaria
Nesta visita os alumnos van contar con Lua, unha doctora en bioloxía que vai realizar unha explicación en vivo dos paneis expostos, respostando tamén a tódalas preguntas que os nenos e rapaces lle poidan facer. A visita escolar vai rematar co visionado dunha película sobor do tema. Ademáis disto, a exposición vai estar aberta tamén para o público en xeral o luns 5 e o martes 6 en horario de 16:00 a 20:00 horas.
AcdXove: Ruta de Fin de Tempada. Apuntate!
31/Outubro/2012
Concellería de Deporte e Turismo
Para o vindeiro domingo día 11 de Novembro, o grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, esta a preparar a Ruta Clausura da Tempada-2012.
Farase a Ruta "Costa de Xove II", con saída na Praia de Portocelo, para levarnos todo pola Costa ata o Cabo Morás. Un total de 12.5 km. visitando, miradoiros de gran beleza natural (Punta Merixe, Coto da Vela, Illa de Sarón, A Atalaia, O Coitelo, etc...)
A continuacion, unha vez feita a Ruta, o grupo xuntarase no Restaurante "A Cancela" de Moras, para xantar un cocido galego.
Programa:
as 10:00h. Xuntanza de todolos Sendeiristas no Rte. A Cancela de Morás.
as 10:15h. Saída para a Praia de Portocelo en Autobús.
as 10:30h. Saída da Ruta.
as 14:00h. Chegada a o Rte. A Cancela e xantar.
INFORMACION E INSCRICION: na Piscina Municipal de Xove, ata o xoves día 8. Inscrición GRATUITA.
Prezo do Cocido Galego: 18.-€/persoa.
Homenaxe ós Campións de España de Bolo Celta
25/Outubro/2012
Concellería de Deporte e Turismo
Homenaxe os Campións de España
Recentemente o Club de Bolos Xove desprazouse ao Campionato de España de Bolos Celtas, celebrado os pasados dias 13 e 14 de outubro nos campos de La Panera (Cangas de Narcea – Asturias) e campos de San Roque (Tineo – Asturias), desenvolvéndose as finais neste último campo.
Os resultados polos xuvenís do Club de Bolos Xove foron os seguintes:
En CATEGORÍA INDIVIDUAL os dous finalistas foron ALEX MEITÍN SERANTES (CAMPIÓN) E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN (SUBCAMPIÓN), ámbolos dous do CLUB DE BOLOS XOVE. En CATEGORÍA PARELLAS XUVENÍS, os anteriores ÁLEX MEITÍN SERANTES E ÓSCAR PÉREZ MEITÍN proclamáronse tamén CAMPIÓNS DE ESPAÑA nesta categoría. Nesta mesma categoría o xogador xovense CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO, formando parella con DAVID DÍAZ do Club de La Panera, clasificouse en TERCEIRA POSICIÓN final.
Pois ben, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, recibeu onte ás 19:00 horas no Salón de Plenos aos tres xogadores do Club de Bolos Xove que tan excelentes resultados tiveron no Campionato de España, convertindo ao Club, e por ende ao noso Concello, nun referente desta modalidade deportiva. Na súa intervención, o Alcalde felicitou aos tres xogadores (Alex Meitín, Óscar Pérez e Cristian Rodríguez) e animounos a seguir por traballando para continuar por esta senda dos éxitos.
Festa do Samaín na Oficina de Información Xuvenil
23/Outubro/2012
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
A Oficina de Información Xuvenil e a Delegación Municipal de Xuventude organizan para os días 26 e 27 de outubro distintas actividades para festexar o SAMAÍN.
O día 26 dende as 16:30 horas levarase a cabo o baleirado de cabazas, que posteriormente empregaranse para a decoración do Centro Xuvenil.
O día 27, dende as 16:30, terán lugar no Centro diferentes xogos relacionados co Samaín.
Estas actividades están dirixidas a tódolos rapaces e rapazas do Concello, de idades comprendidas entre os 11 e 30 anos.
Visita Cultural “Catamarán por Amandi” da Escola de Maiores
19/Outubro/2012
Departamento de Servizos Sociais
Un total de 38 persoas da Escola de Maiores do Concello de Xove, acompañadas pola Educadora Familiar Angélica Casabella e pola Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizaron a Ruta “CATAMARÁN POR AMANDI” do Programa Km 0 da Deputación de Lugo.
O itinerario comezou cunha recepción na Deputación de Lugo, por parte da Deputada de Medio Ambiente. A continuación, visitaron a Fundación TIC. Posteriormente, desprazáronse á Ribeira Sacra para realizar unha travesía fluvial polo canón do Sil. Durante o desenvolvemento do programa, fíxose unha parada para xantar.
Esta saída forma parte do programa da Escola de Maiores,que durante o curso 2012-2013 incluirá realización de dúas visitas culturais a localidades galegas.