Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Lista de admitidos auxiliar de enfermería & albanel
28/Febreiro/2020
CONCELLO DE XOVE
-
D. JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde Presidente do Concello de Xove:
VISTA a certificación expedida polo Secretario Municipal obrante no expediente acreditativa dos candidatos presentados ao concurso – oposición convocado mediante Anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 25 de data 31 de xaneiro de 2020 para a provisión de unha (1) praza de Auxiliar de Enfermería ( Persoal Laboral interino ).
Revisada a documentación aportada en cada unha das solicitudes de participación presentada. En cumplimento do disposto na Base 10 das reguladoras do citado procedemento de selección aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 24 de xaneiro de 2020. No uso das competencias que me outorga o art. 21 da lei 7/1985, do 2 de abril. Pola presente RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar a Lista Provisional de Admitidos e Excluídos no procedemento selectivo de razón que a seguir se transcribe:
LISTA DE ADMITIDOS AUXILIAR ENFERMERIA ----- LISTA ADMITIDOS ALBANEL
En Directo: ENERXÍA SOLUCIÓN
26/Febreiro/2020
CONCELLO DE XOVE
-
Manifestación en Lugo a favor da continuidade da empresa de fabricación de aluminio- Alcoa
Resultado da Celebración de probas selección de personal
13/Febreiro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
De seguido fánse públicas as datas e lugar de celebración e RESULTADOS das seguintes probas:
CONCURSO – OPOSICIÓN DE DUAS (2) PRAZAS OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES (PERSONAL LABORAL INTERINO)
A celebración das probas da Fase de Oposición terá lugar ás 9´00 horas do día 19 de febreiro de 2020, (MÉRCORES), na Aula de Formación do Concello de Xove( Camino Real s/n – Xove) debendo os participantes comparecer no lugar designado 30 minutos antes, ás 8´30 horas, do inicio das probas provistos do DNI e de bolígrafo/s non permitíndose a utilización de ningunha outra clase de material durante a celebración das probas.
Cinco minutos antes do inicio das probas se efectuará un último chamamento. Aqueles participantes que non estiveran presentes quedarán automática e irrevocablemente excluídos. ----> RESOLUCIÓN ALCALDIA
RESULTADO DO CONCURSO-OPOSICIÓN 2 PLAZAS OPERARIOS (ACTA DO TRIBUNAL)
CONCURSO – OPOSICIÓN DE UNA (1) PRAZA PERSOAL LIMPEZA VIARIA ( PERSONAL LABORAL INTERINO)
A celebración das probas da Fase de Oposición terá lugar ás 9´00 horas do día 20 de febreiro de 2020, (XOVES), na Aula de Formación do Concello de Xove ( Camino Real s(n – Xove ) debendo os participantes comparecer no lugar designado 30 minutos antes, ás 8´30 horas, do inicio das probas provistos do DNI e de bolígrafo/s non permitíndose a utilización de ningunha outra clase de material durante a celebración das probas.
Cinco minutos antes do inicio das probas se efectuará un último chamamento.
Aqueles participantes que non estiveran presentes quedarán automática e irrevocablemente excluídos. ---->RESOLUCION ALCALDÍA
RESULTADO DO CONCURSO-OPOSICIÓN 1 PLAZA LIMPADOR/A
SITUACIÓN DA AULA DE FORMACION ( ENFRENTE DO CENTRO DA TERCEIRA IDADE)
Diplomas Informática 2020
11/Febreiro/2020
Oficina Municipal Información Xuvenil oix@xove.es
-
Hoxe, día 11 de febreiro do 2020, a concelleira de Turismo, Medio Ambiente e Tecido Asociativo, Dª Cecilia Duarte Fernández, fixo a entrega dos diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo na aula de informática do Centro Xuvenil dende o mes de novembro ata data de fin en febreiro.
Este ano participaron no curso un total de 17 persoas de idades comprendidas entre 52 e 81 anos. No curso houbo dous grupos os que se impartiron diversos temas como Word, Correo Electrónico, Excel, Móbil, Integración Ordenador Internet, Google Maps.-
Pruebas Acceso FP Medio/Superior
07/Febreiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
QUERES ACCEDER A UN DOS CICLOS DO IES ILLA DE SARÓN (XOVE)?
PROBAS DE ACCESO
Período de inscrición : 10-19 febreiro.- Celebración da proba : 23 de abril
PROGRAMACIÓN DA PRODUCIÓN EN MOLDEAMENTO DE METAIS E POLÍMEROS
Período de inscrición: 2-13 marzo.- Celebración da proba: 28 maio
SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES.- No instituto facilitamos o acceso aos materiais didácticos e daremos orientacións para realizar a proba de acceso a estes ciclos de FP.
Achégate ao IES Illa de Sarón de Xove e pide información.
Convocatoria 1 plaza persoal Enfermería (interino)
04/Febreiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Por Resolución de Alcaldía aprobáronse a Bases regulamentadoras do procedemento de selección para a provisión de unha (1) praza de Auxiliar de Enfermería como persoal laboral interino
- ADSCRICIÓN: A adscrición efectuarase ao Servicio Municipal de Asistencia domiciliaria.
- DURACION . Ata a data da incorporación da titular do posto Dona María Casas Rego, actualmente de baixa por enfermidade..
- PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA O 20 DE FEBREIRO DE 2020
Antroido 2020-->Concurso de Disfraces
04/Febreiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Hoxe, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, presentaron o Programa de actividades do noso Concello para o ENTROIDO 2020
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que o tempo poida empeorar e a climatoloxía non axude, o Concello vai dispor dunha CARPA que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico, co fin de que garantir a celebración do desfile inda que choiva.
INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE "ENTROIDO 2020" EN XOVE
A mesma hai que realizala en:
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 21 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (22 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 22 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
----------- FICHA DE INSCRIPCIÓN ----------- > BASES REGULADORAS <---
Premio do Concurso de Nadal: Míranos-Comercio Local
31/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
O persoal da Farmacia Boñar Rey recibeu o premio do concurso de escaparates de Nadal 2019-2020 de 250 euros, entregado polo alcalde José Demetrio Salgueiro.
Ana Mª Boñar coméntanos a súa valoración da Campaña de Nadal: Míranos. Comercio Local:
“ Toda a campaña me gustou moito, o acto de promoción do comercio local encantoume, despois da presentación de Nieves de Curricán comprei conservas para regalar polo Nadal e na miña familia de Madrid causaron moi boa impresión.
O papel de envoltorio conxunto xa me gustou no momento de ir a recollelo, identifica moi ben o comercio local e dá unha imaxe de unión.
O premio fainos moita ilusión a todas as que formamos Farmacia Boñar porque nos implicamos moito todas e tamén porque vimos a implicación do resto dos comercios que participaron.
A verdade é que o colectivo do comercio de Xove somos moi implicados, a min dinmo fóra de aquí: os de Xove estades moi unidos.”
Concurso “Tapeo do mar”
30/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
ROCÍO RODRÍGUEZ do establecemento hostaleiro A FUGA recibeu de man do alcalde José Demetrio Salgueiro o premio da II Edición do Concurso “Tapeo do mar” enmarcado nas Xornadas Gastronómicas 2019 do proxecto GALP: CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR pola súa tapa: LURA DE OUTONO
“Agradezo moito o premio, porque a verdade é que a tapa deunos moito traballo, pero o que realmente me gustou por enriba de todo foi a aceptación da clientela, a resposta da xente foi desbordante, non me esperaba que fose gustar tanto algo tan pequeniño.
A formación que recibín de Lucía Freitas foi moi valiosa, aprendín cousas que nin se me ocorrera que se podían facer e que seguín aplicando a outras tapas, por outra parte, de Lucía gustoume todo: a súa implicación, a súa humildade, a súa cercanía,...”
Convocatoria 1 plaza persoal albanilería
21/Xaneiro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
Fáise publico a convocatoria da provisión como persoal laboral fixo, por concurso – oposición, da praza (1) de Persoal Laboral Fixo Persoal de Albanelería ( Persoal Laboral Grupo C2 ) anunciada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 298, de data 30 de decembro de 2019 e no Boletín Oficial do Estado núm. 18 de data 21 de xaneiro de 2020.
- SOLICITUDE
- BASES (PUBLICADAS NO BOP)
----> PLAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: ATA O 10 DE FEBREIRO DE 2020
Concurso caretas antroido 2020
21/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Convócase para este Antroido 2020 o Concurso de Caretas dirixido a nenos xovenses en idade escolar, desde preescolar ata 4º de ESO.
A documentación a presentar será a seguinte: -Ficha de inscrición establecida ao efecto.- A ficha de inscrición deberá presentarse, xunto coa careta ou caretas a concursar na Biblioteca Municipal con data límite 10 de febreiro de 2020.
As caretas poderán realizalas «en cartolina, folio ou calquera outro material que se axeite ao tamaño dun folio A4», segundo especifican nas bases adxuntas.
----BASES REGULADORAS----- <<<-----FICHA DE INSCRIPCIÓN-----<<
Programa Prende .- bota raices no rural
10/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
PROGRAMA PRENDE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Se tés interese en formarte gratuítamente nos seguintes ámbitos: Campo e animais; Tecnoloxía eólica; Hostalaría; Repoboación forestal ou Emprendemento, o PROGRAMA PRENDE pode ser do teu interese, porque ademais desta formación ten previsto medidas de inserción laboral. Infórmate, aínda está o prazo aberto.
PRAZAS LIBRES NO CURSO DE SOCORRISMO
07/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Queres ser socorrista?. Este é o teu curso.
--------------------> PRAZAS LIBRES NO CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS
CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DE PERSONAL LABORAL
07/Xaneiro/2020
Departamento de Recursos Humanos
-
1 praza de limpeza viaria e 2 prazas operario servizos multiples
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:ATA O 20 DE XANEIRO DE 2020
>---------------------------------------------1 PRAZA --- LIMPEZA VIARIA-----------------------<
>----------------------------- 2 PLAZAS ---OPERARIOS DE SERVIZOS MULTIPLES -----------------------<
Día dos Nenos e a Cabalgata de reis
03/Xaneiro/2020
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Remata o nadal en Xove co Día dos Nenos e a Cabalgata de reis
Sábado, 4 de xaneiro - DÍA DOS NENOS.- Dentro do amplo Programa de Actividades do Concello para este Nadal, mañá sábado, 4 de xaneiro temos o DÍA DOS NENOS con:
-XOGOS ACUÁTICOS NA PISCINA MUNICIPAL de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas. Na Piscina a entrada vaise facer por grupos de idade:
- De 11:00 a 12:00 horas de 5 a 8 anos.
- De 12:00 a 13:00 horas de 9 a 11 anos
- De 13:00 a 14:00 horas de 12 a 15 anos
- De 16:30 a 17:30 horas de 12 a 15 anos.
- De 17:30 a 18:30 horas de 9 a 11 anos
- De 18:30 a 19:30 horas de 5 a 8 anos.
En cada turno hai cabida para 30 nenos/rapaces.
-INCHABLES E XOGOS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES de 16:00 a 20:00 horas. Concretamente, van a disfrutar das seguintes actividades: La granja, Multiarcos, Moto Gp, Tobogán xigante, Tobogán dísney, Barredora, Globoflexia e Maquilaxe.
A entrada a todas estas actividades é totalmente libre e gratuita.
Domingo, 5 de xaneiro – CABALGATA ESPECIAL DE REIS.- ntro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser a CABALGATA ESPECIAL DE REIS o domingo 5 de xaneiro.
Antes da cabalgata polas rúas de Xove, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18:00 horas, a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. Ás 19:00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á Avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos. O tramo da Avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.
CHAMAMENTO AOS ASISTENTES
Dentro do Desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos. Entón, por razóns de seguridade, dende o Concello de Xove facemos un chamamento a tódolos asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfille, e lles pedimos a todos que sigan o Desfile dende as aceras, e que por cuestións de seguirdade non invadan a calzada.
Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no Pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles.Unha vez que os Reis marchen para outros lares, continuará a actividade no Pavillón cunha Gran Festa Infantil a cargo da DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS.
CONCURSO DE ESCAPARATES 2019/2020
02/Xaneiro/2020
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Xa temos escaparate gañador: Farmacia Ana María Boñar Rey con 469 "me gusta". Parabéns a Ana e a todo o seu equipo e tamén parabéns ao resto de participantes, houbo moito nivel e moito interese. Desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local queremos dar as grazas pola vosa colaboración, seguiremos!
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|