Administración Local
|
Urbanismo
|
Deporte
|
Turismo Xove
|
Emprego
|
Servizos Sociais
|
Delegación Agricultura
|
|
|
Calendario.Lab. #twoj_fragment1-2 C.Fiscal #twoj_fragment1-3 Teléfonos #twoj_fragment1-4 Horario #twoj_fragment1-5
CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024
As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove son as seguintes:
---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)
---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal San Bartolomé de Xove) CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS
* CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL
|
- Imposto Municipal de Vehículos : Entre o 15 de abril e o 15 de xuño (datas aproximadas)
|
|
- I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE: ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia).
|
Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos enviánse DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-
Oficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove Tlf: 982592632
Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592053
Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424
Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove Tlf: 982592057
Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove Tlf: 982571816 HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30
|
|
|
Resultado das probas de selección do alumnado para o curso de Dinamización de actividades...
18/Setembro/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL
Os criterios seguidos para a selección do alumnado, tal e como se indicaba xa na proba realizada o día 17 de setembro, foron os seguintes:A puntuación máxima pola proba foi de 5 puntos (1 por pregunta); o cumprimento do nivel mínimo de estudos requiridos implica 1 punto; a posesión de experiencia ou formación en actividades afines valorouse con 1 punto; e a motivación, que se valorouse nunha entrevista persoal, implicou 3 puntos máis.
A selección das persoas alumnas realizouse por orde de maior puntuación. O alumnado seleccionado ten que presentarse o luns día 21 de setembro as 10:00 horas na Aula de Formación do Concello.
listado do persoal seleccionado
Leer más:Resultado das probas de selección do alumnado para o curso de Dinamización de actividades...
Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.
18/Setembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Obxecto: Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.
Tipo de axuda: As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.
Persoas beneficiarias e requisitos: Poderán ser beneficiarias as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:
Leer más:Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.
Éxito do Campeonato de España Femenino de Bolos Celtas en Xove
17/Setembro/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Este pasado fin de semana celebrouse, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, o VI CAMPEONATO DE ESPAÑA FEMENINO 2015. Este campionato comezou ás 12:00 horas do sábado 12 de setembro, rematando o domingo 13 pola tarde. O Campeonato o disputaron 28 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, Comunidades onde se practica este xogo tradicional. O sábado 12 vai desenvolveuse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas.
CATEGORIA FEMENINA INDIVIDUAL.- PAULA LOPEZ, do Club de Bolos Boiro, proclamouse campiona de España de Bolo Celta. Este resultado non sorprendeu a ninguén dos que siguen esta competición, acaso existía a dúbida de si Blanca Lago (do Club de Bolos Estivada de Nigrán), varias veces Campeona de España, lle podería facer frente. Pois non, Paula López impúxose sen dificultade facéndose co seu primeiro entorchado nacional. A verdade é que unha delicia vela xogar; a súa potencia e precisión nas tiradas é extraodinaria. Polo tanto, victoria merecidísima da xogadora boirense.Pola parte do Club de Bolos Xove, Mª Carmen López aspiraba, como mínimo, a revalidar o subcampionato acadado o pasado ano, pero non puido ser, xa que non consigueu clasificarse entre as 8 finalistas. Pero a sorpresa deuna unha xove xogadora xovense: JULIA LÓPEZ, de só 12 anos, xogadora habitual da Liga Infantil de Xove, realizou un extraordinario campionato alzándose co 3º POSTO FINAL, sendo superada nas semifinais pola varias veces campiona de España Blanca Lago. Destacado foi tamén o papel doutra xogadora xovense nesta categoría; a vixente campiona da Liga de Xove, Belén Meitín, foi cuarta, sendo superada por Paula López nas semifinais e por Julia López na loita polo 3º e 4º posto.
CATEGORIA FEMININA – PARELLAS .- Esta categoría xogouse cos resultados obtidos na Categoría Individual, e así a 1ª fixo parella co 16ª, a 2º coa 15ª, etc. Nesta categoría todo o público estaba deseoso de ver se Paula López (do Club de Bolos Boiro – A Coruña) era capaz tamén de gañar nesta categoría, xa que lle tocou de parella outra xogadora potentísima, Laura Redondo, tamén do Club de Bolos Boiro; Laura tivera unha mala tarde na clasificación individual, onde posiblemente os nervios do seu primeiro campionato de alto nivel a relegaron ao posto 16. Pois ben, a punto estiveron de conseguilo, pero ao final tiñéronse que contentar co subcampionato.
CARMEN ROCA do Club de Bolos Xove, formando parella coa asturiana PAULA ALONSO do Club de Bolos Villatresmil de Asturias, conseguiron derrotar na final ás boirenses PAULA LÓPEZ E LAURA REDONDO por un claro 4 a 2. Desto xeito Carmen Roca resarcíase dos mal resultados obtidos na categoría individual e obtiña o seu primeiro entorchado nacional, superando así o subcampionato obtido o pasado ano na categoría individual. Para o terceiro posto enfrentábanse BELÉN MEITÍN do Club de Bolos Xove formando parella co LAURA GONZÁLEZ do Club de Bolos de Camos – Nigrán contra VERÓNICA FERNÁNDEZ do Club de Bolos Compastur de Asturias e MONTSE VALVERDE do Club de Bolos a Rega de Nigrán. Pois ben, a xovense Belén Meitín, xunto coa súa compañeira Laura González, lograron importe e acadar o Terceiro Posto na final. Un dos aspectos máis salientables do campionato foi o excelente ambente de compañerismo entre tódalas xogadoras, animándose unhas a outras sen distinguir se a que tiraba era unha compañeira de club ou non.
A organización do Campeonato correu a cargo do Club de Bolos Xove e a Federación Galega de Bolos; o patrocinio foi por conta do Concello de Xove a través da súa Concellería de Deportes; en canto aos colaboradores, tivemos: Consejo Superior de Deportes, Federación Española de Bolos e Deporte Galego da Xunta de Galicia.
Na entrega de premios, ademáis dos representantes da Federación Galega de Bolos, participaron o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias.
Aberto o prazo para inscribirse no Encontro de Palilleiras de Xove
11/Setembro/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
O sábado 3 de outubro vaise celebrar no noso Concello a VI edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.- A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras, as cales inda poderán anotarse ata o mesmo VENRES 18 DE SETEMBRO. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
Oferta de Emprego do Concello de Xove
09/Setembro/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
Convocatoria de persoal Docente para impartir o curso: (SSCB0209) dinamización de actividades de tempo libre educativo Infantil e Xuvenil (RD 1537/2011, de 31 de octubre) Posto de traballo: Profesor/a de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil.- nº de postos: 1 .- experiencia en ocupación relacionada coa materia do curso :1 ano
As persoas aspirantes deberán presentar no Rexistro do Concello de Xove un Curriculum Vitae asinado e unha copia compulsada do DNI e de toda a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos e méritos relacionados antes das 14:00 horas do próximo martes 15 de setembro de 2015. As candidaturas que se presenten de forma non presencial no Rexistro do Concello de Xove, deberán adiantarse por fax ao nº 982592154 antes das14:00 horas do próximo martes 15 de setembro de 2015.
----------Máis info e Resolución de Alcaldía coas --->BASES REGULADORAS<------------------------
MONITOR OU MONITORA DE TEMPO LIBRE
28/Agosto/2015
Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local
-
QUERES TRABALLAR DE MONITOR OU MONITORA DE TEMPO LIBRE?: CURSO DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL (SSCB0209)
- REQUISITO DE ACCESO: ESO OU SIMILAR (NIVEL 2) E PREFERENTEMENTE PERSOAS DESEMPREGADAS
- DURACIÓN: 328 H/ HORARIO DE MAÑÁS.- DATA PREVISTA DE INICIO: 21/09/2015.- DATA PREVISTA DE FIN: 04/12/2015
- DIPLOMA DA XUNTA DE GALICIA.- CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
- MÁIS INFORMACIÓN: CONCELLO DE XOVE 982592001
- PERSOAS INTERESADAS: DIRIXIRSE Á OFICINA DE EMPREGO DE BURELA E TAMÉN CHAMAR AO CONCELLO DE XOVE.- GRATUÍTO.- CON PRÁCTICAS EN EMPRESAS/ENTIDADES
ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS 2015
28/Agosto/2015
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro 8 de outubro, realizarase a ITV DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS en Xove, diante do Cuartel da Garda Civil.
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e de 15:15h a 18:00 horas
* Pode solicitar cita previa: Por teléfono: 902.30.90.00 a través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
Actuación do grupo NI FU NI FA ANIMACIÓN coa obra "UN RATO DE BIBLIOTECA".
27/Agosto/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Desenvolveuse hoxe ás 16:00 horas no SAlón de Actos do Centro Cívico, dentro do Programa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia "Ler conta moito". Esta actuación está englobada tamén dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura do Concello de Xove dentro do DÍA DOS NENOS - SAN BARTOLO 2015.
Aberta a preinscrición para a Escola Municipal de Música de Xove
27/Agosto/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dende o martes 1 ata o mércores 30 de setembro, ámbolos dous días incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.
Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
A primeira semana de OUTUBRO fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.015/16. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26- 0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Pastor ANTES DO 15 DE OUTUBRO de 2015.
De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.
CLAUSURADO O PROGRAMA “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”.
26/Agosto/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Onte clausurouse en Xove o proxecto de voluntariado “MAÑÁS ACTIVAS. XUVENTUDE ACTIVA”, que nesta terceira edición contou coa participación de 5 voluntarias, as cales colaboraron na realización de actividades durante o tempo de duración do programa, os meses de xullo e agosto. Nesta edición participaron 20 xoves de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos que realizaron activades de todo tipo: informática, obradoiro de cociña, educación vial, actividades de natureza, manualidades, etc.
O acto de clausura, no que estiveron presentes as concelleiras de Servizos Sociais Ana Abad e de Xuventude Cristina Iglesias, comezou coa entrega dos Diplomas aos participantes no obradoiro de informática. Posteriormente, tódolos asistentes participantes do programa, acompañados por familiares, disfrutaron dun vídeo onde se recollían imáxes das actividades realizadas; este vídeo foi realizado polo profesor de informática Daniel López.
Para rematar a clausura, procedeuse á inauguración dunha exposición fotográfica onde se recollen imaxes de todo o programa, con todo tipo de actividades; para quens queiran ver esta pequena exposición, decir que está na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove, aberta en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Ao final, tódolos presentes, participantes e familiares, disfrutaron duns pinchos que foron elaborados polos participantes do proxecto.
SAN BARTOLO 2015 EN XOVE: DÍA DOS NENOS
26/Agosto/2015
Departamento de Cultura e Comunicación
-
Dentro do Programa que o Concello de Xove ten preparado para este San Bartolo 2015, mañá, xoves 27 de agosto, teremos as seguintes actividades dentro do denominado DIA DOS NENOS
- 16:00 HORAS: actuación do Grupo NI FU NI FA coa obra”UN RATO DE BIBLIOTECA” no Salón de Actos do Centro Cívico. Este espectáculo teatral vai dirixido en especial a nenos/as, pero aberto a familias e a todo tipo de público.
- Esta actuación é a terceira e última incluída dentro do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
- 17:00 HORAS: PARQUE INFANTIL DIVERNENO. Con moitos xogos e inchables. Vaise desenvolver na Praza do Centro Cívico; en caso de choiva, que esperemos que non suceda, as atraccións do Parque instalaríanse dentro do Pavillón Municipal de Deportes, polo cal a actividade está totalmente garantizada. Dentro dos inchables que imos ter, dous son de auga, polo que recomendamos que os nenos/as e rapaces/as veñan cun bañador e unha toalla para poder disfrutar plenamente dos mesmos.
- 21:30 HORAS: PREGÓN DAS FESTAS a cargo de D. Antonio Rodríguez Basanta, Administrador da Diócesis de Mondoñedo-Ferro. No salón de Actos do Centro Cívico.
- Todas estas actividades, en especial o teatro para nenos e os inchables, son de carácter totalmente libre e gratuito, e aproveitamos para invitar a tódolos nenos/as e rapaces/as de Xove e de toda a Comarca a que asistan.
Axudas o Estudo na modalidade de Transporte (bonobús)
25/Agosto/2015
Departamento de Servizos Sociais
-
Na Xunta de Goberno Local aprobaronse as Bases Reguladoras da concesión de axudas ao estudo na modalidade de transporte mediante o sistema de bonobús, polo que se procede á convocatoria pública de axudas autorizando un gasto de 1.500,00 € con cargo á partida 326.481 do Estado de Gastos para o exercicio de 2015.
2.- Obxecto .-Sufragar gastos derivados do transporte universitario efectuado pola empresa ARRIVA aos campus universitarios de Coruña e Santiago así coma o transporte para ciclos formativos que non se cursen en San Cibrao, Burela e Viveiro. 3.- Beneficiarios.- Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas persoas que, reunindo os requisitos que esixen as mBases reguladoras da concesión das presentes axudas, cursen estudos universitarios nos campus de Santiago e A Coruña ou en ciclos formativos que non se presten en San Cibrao, Viveiro ou Burela, en concepto de desprazamento ou transporte.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA
Open de Padel en Xove
21/Agosto/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
DATA DE CELEBRACIÓN: DO 31 DE AGOSTO Ó 6 DE SETEMBRO
-Inscripcións dende o 24 ó 29 de agosto de 2015 (ambos inclusive) na Oficina de Información Xuvenil.- máis información no tfno.658419871
CONVOCATORIA E BASES DO TORNEO NO PORTAL TRANSPARENCIA
Feira de Gando de San Isidoro de Monte 2015
21/Agosto/2015
Delegación de Agricultura
-
O vindeiro LUNS, 24 de AGOSTO, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas. A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O Programa da Feira é o seguinte: -10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira. -13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro. -13:30 horas: Sesión Vermú co “DUO CARAMELO”. -17:30 horas: Verbena co “DUO CARAMELO”.
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios: Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”: 1º premio: 120 €uros.-2º premio: 90 €uros..-3º premio: 60 €uros. Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”: 1º premio: 120 €uros.-2º premio: 90 €uros..-3º premio: 60 €uros. Nestas dúas modalidades só poderán participar explotacións que non sexan da Parroquia de Monte, con isto preténdese potenciar básicamente a participación e presencia de gandeiros de fóra na Feira.Dentro do Programa tamén se inclúe PREMIOS AOS MELLORES EXEMPLARES:-Mellor vaca: 80 €uros.-Mellor touro: 80 €uros.-Mellor besta: 80 €uros.-Mellor cabalo: 80 €uros. Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).
Ximnasia Rítmica: Matricula para o curso 2015/2016
14/Agosto/2015
Concellería de Deporte e Turismo
-
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCION NA ESCOLA DE XIMNASIA RÍTMICA DENDE O 1 Ó 31 DE AGOSTO DE 2015 . - Toda a documentación poderá recollerse no rexistro de entrada do Concello, en horario de 8.30 a 14.30 .-
DOCUMENTACION A ENTREGAR: folla de inscripción; comprobante do pago, fotocopia do DNI, autorización publicación imaxes.-
-
|
|
|
|
Piscina Municipal
|
Información Xuvenil
|
Escola Infantil
|
Medio Ambiente
|
Consumo
|
Escola de Música
|
Bolos
|
Punto Limpo
|
|